Skip to Content

Curso 2023-2024

PRESENTACIÓN DE CIDADES AMIGAS DA INFANCIA

Hoxe comezaron as charlas que, ao longo de toda a semana, presentarán ao alumnado de 1ºESO, 2º ESO e 3º ESO o proxecto Cidades Amigas da Infancia.

Se queredes saber máis sobre esta iniciativa podedes ler aquí.

Se queredes participar no proxecto podedes descargar o formulario.

SAMAÍN. CONCURSO DE MAQUILLAXE

Novo concurso de Samaín. Anímate a participar!

COMEZANDO CO DEBUXO TÉCNICO

O alumnado de 1° de ESO realiza as súas primeiras prácticas cos patróns e o compás na materia de Educación Plástica Visual e Audiovisual.

COMEZO DOS RECREOS ACTIVOS

Comezaron os recreos activos do curso 23-24.

No IES de Cacheiras xogamos tod@s!!

VIAXE Á NEVE. PRIMEIRA COMUNICACIÓN

Dende o centro educativo estamos manexando a proposta dunha viaxe á neve para o alumnado de 3º da ESO. A viaxe ten como obxectivo ofrecerlle ao alumnado a posibilidade de iniciarse nun deporte maioritariamente descoñecido para o alumnado, nun contexto lúdico e novidoso.

A proposta que manexamos sería unha viaxe de 4 días á cordilleira de León (ben na estación de esquí de Leitariegos ou na estación de esquí de San Isidro). O prezo aproximado rondará os 500€. Dito prezo inclúe transporte, aloxamento e  manutención en réxime de pensión completa, alquiler de material de esquí (bastóns, esquís e casco), acceso á pistas, monitorado de tempo libre 24 horas (que organizarán distintas actividades de ocio para a rapazada no seu tempo libre) e clases de esquí con profesorado experto.

Ao longo da próxima semana faremos unha sondaxe nas distintas clases para saber canto alumnado estaría disposto a anotarse á actividade (tras coñecer as condicións da viaxe e valorándoo con vós na casa). Feito isto, comezariamos a poñer en marcha a planificación da mesma. Máis adiante, teriamos unha reunión onde vos informariamos do planning concreto para cada día e recomendacións para a viaxe.

DÍA DAS ESCRITORAS

Celebramos hoxe o Día das escritoras, iniciativa que dende 2016 busca reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

PRESENTACIÓN DO CONSELLO CLIMÁTICO XUVENIL DE TEO

Laura Vidal presentou esta semana ao alumnado de 4º ESO esta iniciativa e animouno a participar nela.

CLUB DE CIENCIA DO IES DE CACHEIRAS, ANÍMATE A PARTICIPAR!!

Este ano estreamos Club de ciencia, se che apetece participar, fala cos teus profes!!

Xornadas de presentación da biblioteca ao alumnado de 1º ESO

O alumnado de 1º ESO pasou esta semana pola biblioteca para coñecer as normas de uso, recoller os seus carnés e saber das diferentes actividades que se realizan nela.

CHEGA O SAMAÍN E O NOSO CONCURSO!

Anímate a participar nos concursos que organiza o Equipo da biblioteca e o EDLG!

Distribuir contido


by Dr. Radut