Skip to Content

Curso 2023-2024

III SEMANA CULTURAL. TALLER DE SINESTESIA

Dúas alumnas de plástica de 3°ESO C desenvolveron unha actividade baseada na sinestesia.
A actvidade estaba enfocada a todo o alumnado do IES de Cacheiras que quixo participar de forma voluntaria. 25 estudantes e unha profesora desfrutaron a experiencia na aula de debuxo. Primeiramente as alumnas explicaron que é a sinestesia, puxeron exemplos, explicaron diversas formas de facer sinestesia e incluso proxectaron un vídeo coa testemuña dunha persoa sinestésica que elixía as súas mozas polo sabor do seu nome.
Despois pasouse a acción e as participantes experimentaron 10 estímulos que apelaban a varios sentidos que tiñan que expresar mediante outros. Así expresaron mediante a cor un son, mediante o olfacto un fragmento dunha película, mediante unha onomatopeia o sabor dun alimento ou coa representación dun número para referirse ó sentido mentres lle poñían unha calcamonía. Todo o experimentado foi representado nun mural de tres metros que se exporá no corredor do centro no 3º trimestre.

 

III SEMANA CULTURAL. AXENDA DO DÍA 22

PENÚLTIMA ETAPA: CHEGAMOS AO CEBREIRO

No penúltimo día de Pedaleando no Camiño conseguimos chegar ao Cebreiro. Conseguiremos alcanzar Compostela?

III SEMANA CULTURAL. PRESENTACIÓN DE LAPBOOKS

O alumnado de 1º ESO presentou aos seus compañeiros e compañeiras de 2º ESO os lapbooks que elaboraron e que estiveron expostos na biblioteca durante toda esta semana.

III SEMANA CULTURAL. CONTÉ AVEC MOI

Samuel Mountoumnjou,de Senegal, realizou este contacontos interactivo co alumnado de francés do noso centro.

Grazas á ANPA, que financiou esta actividade en colaboración coa Deputación da Coruña.

III SEMANA CULTURAL. CITA A CEGAS POÉTICA

No Día da Poesía, o alumnado de 4º ESO tivo unha cita a cegas poética: elixiu entre varios dos versos propostos, para despois ser emparellados con aqueles compañeiros/as que elixiran o mesmo.

O verso máis elixido foi A vida non sabe a Donuts de Carlos Negro.

III SEMANA CULTURAL. HÉCTOR CAJARAVILLE

O escritor Héctor Cajaraville tivo un encontro co alumnado de 3º ESO para comentar o seu libro O segredo da casa de Formoso.

III SEMANA CULTURAL. AXENDA DO DÍA 21

ENTREGA DE PREMIOS DO II TORNEO DE XADREZ

Juan González foi o gañador do II Torneo de xadrez. Hoxe fixemos a entrega de premios na biblioteca. Parabéns tamén aos finalistas Alexio Félix, Iago Pérez e Ruth Barrio.

CHEGAMOS A LEÓN, XA QUEDA MENOS!

Xa estamos en León, quedan dous días para conseguir o noso obxectivo, animádevos a pedalear no Camiño!

Distribuir contido


by Dr. Radut