Skip to Content

III SEMANA CULTURAL. TALLER DE SINESTESIA

Dúas alumnas de plástica de 3°ESO C desenvolveron unha actividade baseada na sinestesia.
A actvidade estaba enfocada a todo o alumnado do IES de Cacheiras que quixo participar de forma voluntaria. 25 estudantes e unha profesora desfrutaron a experiencia na aula de debuxo. Primeiramente as alumnas explicaron que é a sinestesia, puxeron exemplos, explicaron diversas formas de facer sinestesia e incluso proxectaron un vídeo coa testemuña dunha persoa sinestésica que elixía as súas mozas polo sabor do seu nome.
Despois pasouse a acción e as participantes experimentaron 10 estímulos que apelaban a varios sentidos que tiñan que expresar mediante outros. Así expresaron mediante a cor un son, mediante o olfacto un fragmento dunha película, mediante unha onomatopeia o sabor dun alimento ou coa representación dun número para referirse ó sentido mentres lle poñían unha calcamonía. Todo o experimentado foi representado nun mural de tres metros que se exporá no corredor do centro no 3º trimestre.

 



page | by Dr. Radut