Skip to Content

PRESENTACIÓN E INICIO DO CURSO 2023-2024

INICIO DE CURSO

No Abalar pódese consultar a información relativa ao horario e grupo de cada alumno/a.

Luns 11 de SETEMBRO

1º ESO

08:30 h. a 09:20 h.

O alumnado dirixirase ao Salón de actos e posteriormente será acompañado polo seu titor/a ás aulas de referencia.

9:20 h -15:00h Inicio das clases.

 

2º ESO - 3º ESO - 4º de ESO e 1º e 2º de BACHARELATO

08:30 h. a 09:20 h.

Presentación nas aulas de referencia co profesorado titor.

9:20 h - 15:00h Inicio das clases.

 

Recórdase ás familias que nas horas de saída o tráfico permanecerá pechado por diante do centro. Recoméndase NON CIRCULAR por esta zona nas horas de entrada.

Na hora da saída ningún coche poderá circular por diante do centro ata que saian todos os autobuses escolares.

As familias que empreguen o vehículo particular para traer aos seus fillos e fillas ao centro, poderán empregar o aparcadoiro municipal a carón das pistas deportivas.

 

Plano de asignación de aulas a grupos e de entradas e saídas ao centro.

 

TRANSPORTE ESCOLAR

 

Listas do transporte escolar 2023-2024

No día de hoxe publicaranse as listaxes do transporte escolar, así como as rutas coas súas paradas e o horario correspondente.

É moi importante que todo o mundo consulte estas listaxes, xa que, debido ao incremento de matrícula,  houbo que facer unha reestruturación nas rutas e algunhas paradas cambiaron de liña.

Nos primeiros días é importante estar nas paradas con máis marxe de tempo, xa que as horas publicadas son aproximadas. Por cada parada pasará só un bus, excepto na parada Montouto-Café Che/Día, polo que ningún alumno deberá dubidar do autobús que pare, aínda que non leve número ou non coincida co seu.

Agardamos que todo funcione correctamente. De non ser así, por favor, poñédevos en contacto con nós para comunicarnos calquera incidencia.



page | by Dr. Radut