Skip to Content

ADMISIÓN E MATRÍCULA 2024-2025

MATRÍCULA 2024-2025

Información

 

Calendarios

Alumando do centros adscritos:

CEIP A Igresa-Calo

CEIP da Ramallosa

CEIP Plurilingüe Os Tilos

Para o alumnado matrículado no centro no curso 2023-2024.

Para o alumnado matrículado no centro no curso 2023-2024.

Para o alumando que acadaou praza no centro no proceso de admisión 2024-2025.

 

Formularios de matrícula

 

Continuidad entre materias de BACHARELATO

 

Información complementaria

  • Sinatura e consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras o acolledoras:

Segundo o establecido no artigo 26.6 da orde do 21 de outubro de 2022 todas as solicitudes de matrícula do alumnado menor de idade non emamcipado deben figurar asinadas por unha das persoas proxenitoras/titoras/acolledoras, e acompañarse do consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora.

Non obstante, nos casos de ausencia puntual da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora por circunstancias excepcionais, poderá presentarse unha declaración responsable da persoa que asine a solicitude indicando  o motivo que impida o consentimento expreso da outra.

 

Outros formularios

Para os casos de custodia compartida ou conciliación da vida familiar e laboral con xustificación documental xustificativa.

 

ADMISIÓN 2024-2025

 

10-05-2024 Lista definitiva de solicitudes admitidas

Todas as solicitudes resultaron admitidas, para consultar as listas pode facelo:

  • Presencial: No taboleiro de secretaría do centro.

O centro contactará telefónicamente coa famila do alumnado para comunicarlle que resultou admitido e facilitarlle unha cita para a matrícula que terá que realizar a finais de xuño.

 

25-04-2024 Lista provisional de solicitudes admitidas

Todas as solicitudes resultaron admitidas, para consultar as listas pode facelo:

  • Presencial: No taboleiro de secretaría do centro.

O centro contactará telefónicamente coa famila do alumnado despois da resolución definitiva para comunicarlle que resultou admitido.

O alumnado admitido terá que realizar a matrícula a finais de xuño.

 

 

01-03-2024 Proceso de admisión.

O alumnado que cursa estudos no IES de Cacheiras conta coa reserva de praza neste centro para o vindeiro curso 2024-2025; xa non precisa, por tanto, facer ningún trámite ao respecto ata o momento da matrícula.

O prazo para solicitar praza noutro centro educativo (ESO-BAC) abrangue dende o 1 ao 20 de marzo. Esta solicitude pódese facer sen prexuízo da garantía de permanencia neste centro. Este alumnado perderá o dereito de permanencia no IES de Cacheiras no momento que figure na listaxe definitiva de alumnado admitido do novo centro.

O procedemento de entrega da solicitude de admisión para o curso 2024-2025 farase preferentemente a través plataforma eléctrónica Admisión / Sede electrónica.

Opcionalmente poderá facerse na secretaría do centro. 

 Admisión do 1 ao 20 de marzo de 2024

 

  Nota informativa

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Reserva de praza do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación Admisión / Sede electrónica o formulario normalizado (ED550A).

máis información...

 

Lista de solicitudes admitidas. Todas as solicitudes presentadas resultaron admitidas. As listas pódense consultar:

  • No taboleiro da secretaría do centro.

Prazo de formalización de matrícula do 24 de xuño ao 8 de xullo. Calendario.

 

Centros adscritos ao IES de Cacheiras:

CEIP A Igresa-Calo

CEIP da Ramallosa

CEIP Plurilingüe Os Tilos

 

Información xeral 1º de ESO

Servizos complementarios: Transporte

Rutas e paradas do transporte escolar

Proxecto Educativo de Centro



page | by Dr. Radut