Skip to Content

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO CORRESPONDENTES AO CURSO 2022/2023

  • Alumnado que cursase durante o ano académico 2022/23 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e obtivese no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.
  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.

Prazo de presentación de solicitudes: 31/05/2023 - 30/06/2023

  • É a alumna ou o alumno, ou os seus representantes legais, quen presentará a solicitude de participación. As solicitudes (anexo I), presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Será imprescindible cubrir previamente os datos na aplicación que  se atopa no enderezo https://www.edu.xunta.es/premiosedu, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado cuberto cos datos correspondentes, opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para estes efectos, os rexistros dos centros educativos non se consideran incluídos dentro das dependencias enumeradas na normativa ao respecto.
  • A realización da proba terá lugar na data que se estableza mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, e no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal). Na dita resolución fixaranse, así mesmo, os lugares e o horario de celebración da proba.

Orde do 31 de maio de 2023 (DOG)

Extracto da Orde do 23 de maio de 2022 (DOG)

Modelo de solicitude: Anexo I


Máis información:

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/2023

Premios ESO

Procedemento ED311D - Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico.

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/2022



page | by Dr. Radut