Skip to Content

Curso 2022-2023

Actividades desenvolvidas pola Biblioteca Escolar, o EDLG, Aula de teatro e os diferentes departamentos didácticos.

FEITORÍA VERDE PRESENTA A ESCOLA ECOLOXISTA AO ALUMNADO DE 1º ESO

A asociación Feitoría Verde está presentando estes días nas nosas aulas a Escola Ecoloxista do Concello de Teo ao alumnado de 1º ESO.

ATURUXO FILMS NOS PREMIOS MENTE AMI de A3MEDIA

Este sábado estaremos no Encuentro Mentes AMI da Fundación ATRESMEDIA como finalistas do Premio Creatividad Audiovisual Responsable co proxecto Paisajes Efímeros de Aturuxo Films sobre o cambio climático. Arte e cine para un alumnado crítico e responsable.

COMEZAN OS CONCURSOS!! ANÍMATE A PARTICIPAR!

GÚSTACHE ESCRIBIR? ACHÉGATE AO TABOLEIRO DE CONCURSOS LITERARIOS

Se che gusta escribir, podes animarte a participar nalgún dos concursos literarios que hai ao longo do curso.

Neste taboleiro atoparás información sobre todos os que se vaian convocando, tanto no noso centro como noutras entidades.

ANÍMATE A PARTICIPAR NO TALLER DE ESTATÍSTICA

Para máis información aquí.

Folla de inscrición (a entregar no despacho de Olga ou de Trini)

INICIO DOS RECREOS ACTIVOS

Co comezo do curso iniciamos tamén os Recreos activos no noso centro. Nos recreos o Departamento de Educación Física deseña e coordina actividades deportivas para todo o alumnado.

 

 

ATURUXO FILMS NOS PREMIOS MENTE AMI de A3MEDIA

14/09/2022 19:28

Entre os finalistas o proxecto de Aturuxo Films, Paisaxes efímeras, en torno á necesidade de sensibilizar sobre o cambio climático. Un proxecto que se amplía no noso centro este ano dentro de Polos Creativos.

NOVO CURSO DA AULA DE TEATRO

Comezamos a andaina do novo curso da Aula de Teatro. Animádevos a participar!

Abrimos o prazo de inscrición para a Aula de Teatro, que comezará as súas clases o día 4 de outubro. Podedes descargar a folla de inscrición aquí.

Xuntanza coas familias: XOVES 29 de setembro, ás 19.30 no SALÓN DE ACTOS. Máis información neste enlace

Podedes ver o proxecto da Aula de Teatro para este curso aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut