Skip to Content

Portugués

VIAXE A LISBOA. DÍA 4 DE XUÑO

O domingo o alumnado percorreu a cidade de Lisboa.

VIAXE A LISBOA. DÍA 3 DE XUÑO

Dentro do proxecto Falar ao Mundo, que está realizando o Departamento de Portugués no presente curso, o alumnado de portugués partiu o día 3 de xuño cara a Lisboa, nunha viaxe na que visitarán diferentes cidades portuguesas.

O sábado coñeceron as localidades de Vila Real, Viseu, Coimbra e Santarém e chegaron a Lisboa, cidade na que se aloxarán estes días.

II SEMANA CULTURAL. VERSOS PARA A TERRA

Versos para a Terra foi o título do recital poético no que participou o alumnado de portugués coa presenza de Adela Figueroa, Alfredo Ferreira e Concha Rousia.

II SEMANA CULTURAL. HISSAO GONÇALVES AKATUTI

O profesor Hissao Gonçalves impartiu a charla titulada A Terra a nosa casa para o alumnado de portugués de 1º e 3º ESO.

SABORES DA LINGUA. RECEITAS DE COCIÑA DO ALUMNADO DE PORTUGUÉS

O alumnado de portugués preparou esta exposición de receitas de cociña que podedes ver no corredor principal.

Haberá que probar algunha delas!

O RECUNCHO DO PORTUGUÉS

Na entrada do centro o Departamento de portugués creou unha zona de avisos e actividades relacionados con esta lingua.

Estade atent@s ás novidades!

SARAMAGO NA BIBLIOTECA

O departamento de portugués elaborou esta interesante exposición sobre José Saramago co gallo do centenario do nacemento do escritor.

Podes pasar a vela á nosa biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut