Skip to Content

Curso 23-24

OBRADOIRO DE CREACIÓN DE TÍTERES

O alumnado da Aula de teatro avanza na construción dos seus títeres grazas á asociación Morreu o Demo.

ACTUACIÓN DA AULA DE TEATRO NO XVI FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DE PALAS

Este sábado o alumnado da Aula de teatro asistiu ao roteiro que organiza o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei e despois actuou con eles e a Aula de Teatro do CPI Fonte Díaz de Touro representando A luz das candeas.

XA ESTÁ AQUÍ O ROTEIRO DO IES DE CACHEIRAS

O vindeiro 20 de abril terá lugar o Roteiro teatral, musical e poético da Aula de teatro do IES de Cacheiras.

Estes días podedes ver pola aldea de Luou aos nosos actores e actrices ensaiando, que nervios!

CONTINUAMOS CO OBRADOIRO DE CREACIÓN DE TÍTERES

O alumnado da Aula de Teatro seguiu fabricando os seus títeres neste obradoiro impartido por Asociación Morreu o demo e Maos Innovación.

A AULA DE TEATRO NO XV FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DE TOURO

Este sábado a Aula de teatro do IES de Cacheiras asistiu ao roteiro poético, musical e teatral que se realizou en Touro e, posteriormente, actuou na Casa da Cultura xunto co Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei e a Aula de Teatro do CPI Fonte Díaz de Touro.

ACTUACIÓN DA AULA DE TEATRO NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE

Este xoves o alumnado da Aula de Teatro actuou no Teatro Principal de Ourense para realizar unha función solidaria en colaboración coa ONG Meniños de apoio á infancia.

ACTUACIÓN DA AULA DE TEATRO NO CENTRO XERONTOLÓXICO DO CASTRO

Grazas ao Complexo xerontolóxico do Castro, en Mouromorto, pola acollida que deu ao alumnado da Aula de teatro.

Unha xornada de intercambio de historias e cancións que enriqueceu a todas as partes.

 

DÍA DE ROSALÍA

Os actores e actrices do IES de Cacheiras teatralizaron versos da poetisa, que representaron nas aulas do centro, para conmemorar o Día de Rosalía.

DÍA DA CANDELORIA. TEATRO NAS AULAS

Parte do alumnado da Aula de teatro preparou microescenas teatrais, cuxo eixe era o amor, e representounas polas aulas do noso instituto para celebrar o día da Candeloria, a modo de sorpresa para os seus compañeiros/as.

NOVA SESIÓN DO OBRADOIRO DE CREACIÓN DE TÍTERES

A Aula de teatro continuou esta semana co obradoiro de títeres que está desenvolvendo a Asociación Morreu o demo e Maos Innovación no noso centro. Continuamos en abril!

Distribuir contido


by Dr. Radut