Skip to Content

Orientación

OBRADOIRO DE IGUALDADE

Esta semana comezaron as sesións do Obradoiro de igualdade impartidas polo Concello de Teo.

Serán un total de catro distribuídas ao longo dos meses de abril e maio e están dirixidas ao alumnado de 1º ESO.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CORRESPONDENTES AO CURSO 2022/2023

Destinados a alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2022/2023 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, sexa proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

Prazo de presentación de solicitudes: 26/04/2023 - 25/05/2023

Solicitude (Anexo I)

Orde do 20 de marzo de 2023 (DOG)

Extracto da Orde do 20 de marzo de 2023 (DOG)

Procedemento ED311A - Premios extraordinarios BAC


Máis información:

Premios extraordinarios de bacharelato

Premiosedu

CHARLAS PARA A PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS PARA 2º E 4º ESO

Durante dúas semanas o alumnado de 2º ESO e 4º ESO recibirá información para a prevención de condutas adictivas a través do Servizo de prevención de condutas adictivas de Boqueixón, Teo e Touro, en colaboración coa Consellería de Sanidade.

Obradoiro ReTomando adiccións: Dirixido ao alumnado de 2º ESO.

Obradoiro Non dependo: Dirixido ao alumnado de 4º ESO.

8 M NO IES DE CACHEIRAS

Mía, Lea, Baia e Noa explícannos o mural que fixeron e no que nos animan a participar.

PLAN DIRECTOR. CHARLAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Esta semana comezamos coa formación que imparte a garda civil dentro do Plan director.

O alumnado de 2º ESO asistirá este curso ás charlas sobre violencia de xénero.

Nas vindeiras semanas todo o alumnado da ESO participará neste programa asistindo a charlas de prevención do acoso escolar, prevención de condutas adictivas e sobre os perigos do mal uso das redes sociais e internet.

OBRADOIROS DE FORMACIÓN EN DIVERSIDADE LGTBI+

A asociación ALAS A Coruña visitou hoxe o noso centro para impartir estas interesantísimas charlas ao alumnado de 2º ESO.

 

 

CHARLAS DE REGULACIÓN EMOCIONAL

Hoxe remataron as sesións sobre regulación emocional que Belén Montesa e Juan Carlos Permuy impartiron no noso centro ao alumnado de 2º bacharelato.

A súa actuación completouse cunha charla dirixida ao profesorado e outra ás familias.

Esta actividade é unha proposta da ANPA do IES de Cacheiras, financiada pola Deputación da Coruña.

CHARLAS DE REGULACIÓN EMOCIONAL NO IES DE CACHEIRAS

Este mes no noso centro o equipo de Belén Montesa estará impartindo estas charlas ao alumnado de 2º bacharelato, ao profesorado e ás familias.

Trátase dunha iniciativa da ANPA, financiada pola Deputación da Coruña.

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS PARA 4º ESO

Esta semana deron comezo os obradoiros de Prevención de condutas adictivas para 4ºESO. Constarán de 4 sesións e se desenvolverán ao longo do mes de maio.

Están organizados a través do Servizo de condutas aditivas de Boqueixón, Teo e Touro, en colaboración coa Consellería de Sanidade.

 

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS

Esta semana comezaron os obradoiros de Prevención de Condutas adictivas organizados a través do Servizo de condutas adictivas de Boqueixón, Teo e Touro, en colaboración coa Consellería de Sanidade.

Os destinatarios son os alumnos/as de 2º ESO e, en vindeiras semanas, incorporaremos ao alumnado de 4º ESO.

Distribuir contido


by Dr. Radut