Escoitar, Aprender e Compartir

Olimpíada Matemática

O pasado 25 de abril, Xiana, Nora, Irene, Ania, Yeray, Iago, Pau e Breixo participaron na Olimpíada Matemática de 2º ESO organizada por Agapema e celebrada no IES Castelao de Vigo.

III Encontro de Comandos de Igualdade da provincia de Pontevedra

Un curso máis, a nosa Brigada Violeta participou no Encontro de Comandos de Igualdade da provincia de Pontevedra, que este ano celebrou a súa terceira edición no Museo Verbum (Vigo) o día 26 de abril. Foi unha xornada chea de momentos inesquecibles onde o alumnado puido compartir experiencias e impresións arredor do tema da igualdade e das moitas desigualdades que aínda persisten. Ademais puidemos gozar da actuación musical de Su Garrido Pombo, elaborar un mural colectivo entre todas e todos, asistir a distintas charlas e obradoiros formativos e participar en actividades creativas como o modelado con barro, a realización de chapas ou a introdución á papiroflexia. Moitas grazas ao alumnado e profesorado dos centros organizadores (IES Álvaro Cunqueiro e IES Primeiro de Marzo) e longa vida aos comandos! 

Excursión a Santiago de Compostela

Parte do alumnado de 4 º da ESO e 1º de Bacharelato foi o pasado mércores 24 de abril de excursión a Santiago de Compostela. Acompañáronos as profesoras de educación plástica, francés e música. Foi unha xornada moi produtiva. Aquí vos deixamos unha foto ao carón da Catedral.

Visita ao Faro de Vigo

O alumnado de 1º e 2º da ESO visitou as instalacións do Faro de Vigo o pasado 22 e 23 de abril. Alí puideron coñecer como é o proceso de produción dun xornal desde dentro. Moitas grazas ao persoal da entidade pola súa amabilidade e as súas explicacións!

DESPEDIDA DO ALUMNADO FRANCÉS EDUMOB

HOXE, VENRES 26 DE ABRIL, DESPEDIMOS A KYLIAN E CÈLESTINE, O ALUMNADO FRANCÉS DO PROGRAMA EDUMOB QUE NOS ACOMPAÑOU DURANTE O MES DE ABRIL. ESPERAMOS QUE NO REGRESO LEVEN NA MALETA UN MONTÓN DE BOAS EXPERIENCIAS, VISITAS, ACTIVIDADES, LUGARES... E SOBRE TODO UN MONTÓN DE BOS AMIGOS E AMIGAS!! ESTAMOS SEGUR@S DE QUE VOLVEREDES. AQUÍ ESPERAMOS.

BOLSAS DO MEC

O 10 DE MAIO ÁS 15 HORAS REMATA O PRAZO PARA SOLICITAR AS BOLSAS DO MEC. TES TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE. 

BOLSAS MEC

Concerto para o alumnado que superou o reto da Semaniña Enteira

O venres 19 de abril acudiron á Alameda Castelao de Redondela as 170 alumnas e alumnos do IES de Chapela que superaron o reto de falar exclusivamente en galego durante Unha Semaniña Enteira. Asistiron ao concerto de Brais Morán & Nasaufunk xunto co alumnado que participou na campaña nos IES Mendiño e IES Pedro Floriani. Agradecemos ao Concello de Redondela a excelente organización deste concerto, premio merecido para as comunidades educativas destes tres IES de Redondela que coa súa acción contribuíron a cargar de futuro a nosa lingua.

Máis fotos aquí.

CALENDARIO DE 2º BACHARELATO. EXAMES. INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN. ABAU

CALENDARIO DE EXAMES DE MAIO 2º BACHARELATO

CALENDARIO DE EXAMES DE XUÑO 2º BACHARELATO

CALENDARIO MAIO e XUÑO 2º BACHARELATO

CALENDARIO REVISIÓNS E RECLAMACIÓNS

TTULACIÓN

INSTRUCIÓNS ABAU

IMPRESOS MATRÍCULA BACH

IMPRESOS TAXAS BACH

IMPRESOS MATRÍCULA FP

IMPRESOS TAXAS FP

PREMIOS BACHARELATO

O ALUMNADO PODE ATOPAR TODA A INFORMACIÓN, HORARIOS, IMPRESOS DA ABAU NA PÁXINA DA CIUGA. 

O ALUMNADO QUE APROBE TODAS AS MATERIAS NA AVALIACIÓN ORDINARIA (16 MAIO) TEN QUE SOLICITAR A EXPEDICIÓN DE TITULO DE BACHARELATO O DÍA 20 DE MAIO PAGANDO AS TAXAS (54 € MATRÍCULA ORDINARIA) (TER EN CONTA QUE OS BANCOS HABITUALMENTE TEÑEN HORARIO RESTRINXIDO PARA FACER ESTAS OPERACIÓNS, A PRIMEIRA HORA) E PAGAR AS TAXAS DA MATRÍCULA DA ABAU (63,67€ MATRÍCULA ORDINARIA). E MATRICULARSE PARA A ABAU O DÍA 20 DE MAIO ENTREGANDO A DOCUMENTACIÓN NA SECRETARÍA DO CENTRO. 

 

Convocatoria de probas libres para a obtención de títulos de FP - Curso 2023-24

Xa están convocadas as probas libres para a obtención de títulos de FP do curso 2023-24. Como novidade, nesta convocatoria ofértanse por primerira vez probas do título LOXSE do Ciclo Superior de Dietética.

Podedes ver abaixo o calendario de admisión:

Así mesmo, podedes consultar máis información aquí.

O calendario de realización das probas, así como as programacións dos módulos, subiranse nas próximas semanas no apartado de probas libres da nosa web.

DÍA DA EF NA RÚA EN CHAPELA

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DA EF NA RÚA, O IES CHAPELA, CEIP LAREDO e CEIP IGREXA FOMOS UN DOS TANTOS CENTROS QUE SACAMOS O MATERIAL, O PROFESORADO E O ALUMNADO Á RÚA PARA GOZAR DA ACTIVDADE FÍSICA E DOS ESPAZOS NATURAIS. CAMBIAMOS POR UN TEMPO OS LIBROS E ORDENADORES POR XOGOS E DEPORTE. QUEREMOS DAR O VALOR QUE MERECE Á EF E Á ACTIVIDADE FÍSICA. GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR E POLA VOSA COLABORACIÓN!!! 

PINCHA AQUÍ PARA VER FOTOS

Distribuir contido