Skip to Content


 

blogue delaura

Saída ó teatro

O pasado 14 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu ó teatro no Auditorio Municipal para ver a obra "Three stories of England" na que se representaban tres esceas relacionadas coa historia e a literatura inglesas.

 

Caligramas polo Día das Escritoras

O 17 de outubro conmemorouse o Día das Escritoras e no Departamento de Lingua Inglesa adicamos ese día e os posteriores a ler poemas e fragmentos de autoras como Jane Austen, Virginia Woolf ou Emily Dickinson con algúns dos grupos da ESO.

Ademais, o noso alumnado elaborou caligramas cos escritos que máis os emocionaron. 

 

 

Miss Vee, a nosa nova auxiliar de conversa

We are pleased to welcome our new language assistant who comes from the Philippines: Miss Vee.

Co obxectivo de mellorar a aprendizaxe do inglés e fomentar o intercambio cultural, o centro conta, coma tódolos anos, cunha auxiliar de conversa que estará con nós desde outubro ata maio. Miss Vee traballará co alumnado de Primaria e da ESO tanto nas seccións bilingües coma nas aulas de idiomas.

 

 Mabuhay, Vee! Benvida ó noso cole.

Distribuir contido


by Dr. Radut