Skip to Content


 

Relixión

Relixión católica

ADDENDA Á PROGRAMACIÓN DE RELIXIÓN CATÓLICA 2021-2022

Publícase a addenda á programación de Relixión Católica que a adecúa á orde do 25 de xaneiro de 2022 que actualiza a normativa sobre avaliación. Premendo no adxunto pode verse o documento.

MENDE EN MUMUAR 2022

 

 

!Una gran experiencia para nuestras alumnas!

 

 

MUMUAR 2022 - Materia: Valores éticos Secundaria

 

 O alumnado de 1º ESO, na materia de Valores éticos, en colaboración coa investigadora do cambio climático Susana Bayo, membro da ANPA e do noso Consello Escolar, participará este sábado 5 en Madrid en MUMUAR FEST, un evento artístico polo cambio climático. As nosas alumnas levarán unha exposición de gravados representando diferentes nubes e participarán reflexionando sobre a importancia da atmosfera.

 

 

 

 

(Premer no cartel para máis información) 

 

 

 

 

POLAS NUBES

Esta exposición de gravados foi inspirada pola charla de Susana Bayo, investigadora na Universidade de Vigo (campus de Ourense), impartida no noso centro en novembro de 2021. Enmárcase na materia de valores éticos, na que estamos especialmente sensibilizados cos valores que defenden a loita contra o cambio climático.

 

 

 

As imaxes representan nubes que foron observadas con moita atención por dous motivos: a súa beleza e a importancia que teñen como compoñentes da atmosfera, esa capa do planeta que tanto nos interesa.Foi un pracer mirar ao lonxe.

Este traballo terá continuidade nunha curtametraxe de próxima estrea mundial, estade atentos!!!

Os artistas foron: Teo Álvarez Vázquez, Arón Cristobo Velasco, Samara Fernández Blanco, Irea Fernández Chapela, Noa Fernández González, Noa González Corral, Breogán Losada Álvarez, Daniela Suárez Menéndez, Jon Taín Piñeiro e César Vaz Codias.

 

 

 

 

 

PROGRAMACIÓN RESUMO VALORES 21-22

RESUMO PROGRAMACIÓN RELIXIÓN 2020-2021

RESUMO PROGRAMACIÓN VALORES 3º E 4º ESO 2020-2021

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN RELIXIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut