Skip to Content


 

Extraescolares, Celebracións no Centro

RESUMO SEMANA DO LIBRO 2024

Semana do Libro 2024 de Entre estrellas que iluminan

PROGRAMA PARA A CELEBRACIÓN DA SEMANA DA HISTORIA

OBRADOIRO BIBLIOTECA CREATIVA CON PABLO OTERO

O pasado xoves, 29 de febreiro, o alumnado de 6º de E. Primaria e 4º ESO C recibiu un obradoiro de Biblioteca Creativa, a cargo do Ilustrador e Escritor, Pablo Otero, na aula de plástica do centro.

Toda unha experiencia creativa interetapas, moitas grazas Pablo Otero.

1ª FORMACIÓN DA B. CREATIVA de Entre estrellas que iluminan

DESCUBRINDO A ANTÁRTIDA

O pasado xoves 29 de febreiro, o alumnado de Primaria recibiu no centro a visita do Coronel Jesús Antonio Peñas e o Capitán Pablo Álvarez Balsa, oficial de comunicacións da Campaña Antártica do Exército de Terra,  que nos invitaron a participar nunha videoconferencia coa Antártida, na que o alumnado escoitou de primeira man a experiencia dos científicos que desenvolven a súa actividade nun lugar tan remoto.

Podendo ampliar información na seguinte ligazón:  

https://ejercito.defensa.gob.es/unidades/Antartica/antartica/videoconferencia/index.html

A continuación un resumo desta visita e videoconferencia no centro:

Viaxe a Ántártida de Raquel

Ademais concederon ao alumnado un Diploma acreditativo da adopción dun pingüino, chamado Mendeliano.

CELEBRACIÓN SEMANA DE ROSALÍA DE CASTRO 2024

ROSALÍA DE CASTRO de Entre estrellas que iluminan

Ademais o grupo do alumnado de 4º ESO C,  xunto cun dos seus profesores, Xulio, escenificaron, para o alumnado do centro, un anaco da verdadeira biografía de Rosalía, unha versión moi distinta da que se difundiu ata hai pouco tempo.

A verdadeira biografía de Rosalía de Entre estrellas que iluminan

CELEBRACIÓNS 3ª SEMANA DE ENTROIDO

A semana comezou co Luns Corredoiro, seguiu co Xoves de Comadres e rematou o venres cun Desfile no centro que, por mor da chuvia non se puido saír pola aldea ata a pista de atletismo como se viña facendo nos últimos cursos, baixo o lema "Mendelianos ao rescate" con verdadeiros representantes e defensores comprometidos coa loita por salvar o noso entorno e o planeta. 

Grazas a toda a Comunidade Educativa pola vosa participación e colaboración.

A continuación o resumo destas celebracións:

ENTROIDO 2024 de Entre estrellas que iluminan

Luns Corredoiro e Comadres de Entre estrellas que iluminan

CELEBRACIÓNS 2ª SEMANA DE ENTROIDO

A semana pasada arrancamos co noso Luns Peloteiro (o equivalente ao Domningo Oleiro), nesta celebración participou todo o alumnado do centro durante o tempo de lecer.

E continuamos entroidando co Xoves de Compadres, as rapazas fixeron o seu compadre, intentando salvalo correndo para que os rapaces non acadasen collelo e rompelo.

A continuación un resumo:

LUNS PELOTEIRO de Entre estrellas que iluminan

MANDADIÑOS DOS MECOS

O vindeiro luns arranca a semana grande do Entroido, e con ela chegan os Mandadiños, este curso con dous Mecos (Eva e Wall-e), que cada día nos irán mandando traer algún detalle reciclado para ir entroidando. Compartimos por aquí para que vaiades facendo.

Animádevos a participar e celebrar!!

 

Mandadiños dos mecos de Marta Rey

CELEBRACIÓNS PRIMEIRA SEMANA DE ENTROIDO

Esta semana arrancou o Entroido no centro con moita enerxía, o luns co noso "Luns Papeleiro" no canto do Domingo Fareleiro. 

E o martes visita dos "Follateiros de Lobios" grazas á invitación da súa veciña e profe no centro, Rocío; tres representantes dos Follateiros compartiron o tempo de lecer, tanto da ESO coma de Infantil e Primaria coa rapazada.

Despois ofreceron unha charla explicativa, en dúas sesións para o alumnado de Infantil e 1º Ciclo primeiro, e logo para 2º Ciclo, 3º Ciclo e Aulas Específicas, nas que lles contaron ao alumnado como recuperaron a tradición deste traxe e como era a súa elaboración.

Tamén deixaron unha máscara única e orixinal como agasallo ao Centro, que recolleu a Directora.

Grazas a este grupo por recoller, conservar e compartir tradicións. PARABÉNS!!

LUNS PAPELEIRO de Entre estrellas que iluminan

Follateiros de Entre estrellas que iluminan

PROGRAMA CELEBRACIÓNS XANEIRO E FEBREIRO

Propostas 2 Trimestre de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut