Skip to Content


 

Educación Plástica

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado xoves, 18 de abril, alumnado de 5º E. Primaria e 4º da ESO, acudiu dende o Departamento de Plástica a dúas visitas na cidade de Santiago de Compostela. Primeiro ao Auditorio de Galicia para descubrir as creacións das seis fanzineiras que conforma a mostra #Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega, una exposición que dá conta do bo momento da banda deseñada feita por mulleres en Galicia.  Maru Astray, Julia Lago, Bea Lema, Uxía Larrosa, Xulia Pisón e Pepa Prieto Puy.

Logo no Gaiás, Cidade da Cultura, á exposición de Innovart 24, un gran evento de promoción das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas en Galicia, onde puideron participar en algúns obradoiros.

Visita Auditorio de Galicia: Punctum de Entre estrellas que iluminan

i n n o v a r t 2 4 de Entre estrellas que iluminan

ADDENDA Á PROGRAMACIÓN DE ED. PLÁSTICA E VISUAL 2021-2022

Publícase a addenda á programación de Educación Plástica e Visual que a adecúa á orde do 25 de xaneiro de 2022 que actualiza a normativa sobre avaliación. Premendo no adxunto pode verse o documento.

PROGRAMACIÓN EPVA2021-22 Resumo

CONCURSO DE CAMISETAS LETRAS GALEGAS 2021 CPI MENDE

 

Propoñemos á comunidade educativa participar na votación que dará o premio do público á imaxe máis axeitada para usar na camiseta que celebre o día das Letras Galegas. As imaxes están elaboradas por alumnas e alumnos de 4 ESO do noso centro, coa participación do equipo de dinamización lingüística, a biblioteca, o departamento de galego, o departamento de plástica e a colaboración do profesor Daniel Pousa.

 

ENLACE: https://forms.gle/2rteEwFCX1FfeJEP7

 

 

Adxuntamos un audio de Xela Arias dun poema do libro "Intemperiome"

 

SONETOS VISUAIS MENDE _ CREATIVIDADE E ENTUSIASMO DO ALUMNADO DE SECUNDARIA

 

 

Comezamos a semana con arte. Supoño que moit@s recordades o obradoiro de sonetos visuais que fixemos entre o Departamento de Plástica e o de Lingua pouco antes do confinamento. A idea inicial era rematar o obradoiro cunha exposición dos sonetos que xa non puidemos facer. Cremos que hai que dar a coñecer o resultado da creatividade e entusiasmo do alumnado, así que decidimos facer esta composición que queremos compartir con vós.

(premer enriba da foto)

 

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN PLÁSTICA

MATERIAIS A TRABALLAR - xmraplastica@gmail.com

 

 MATERIAIS A TRABALLAR

PROFESOR XOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ ALONSO

Plástica

Cultura Clásica

 

Subiranse os contidos paulatinamente para ir traballando estas semanas.

RESUMO PROGRAMACIÓN PLÁSTICA

Distribuir contido


by Dr. Radut