Skip to Content


 

Educación Plástica

MUSEO ARQUEOLÓXICO DE OURENSE

MUSEO ARQUEOLÓXICO DE OURENSE

 

 O día 2 de maio o alumnado de Cultura Clásica visitou o Museo Arqueolóxico de Ourense, onde poidemos disfrutar da nosa historia, nomeadamente o tempo que rodeou a estadía do imperio romano nestas latitudes. 

 

O NOSO ALUMNADO NO MUSEO MUNICIPAL

O 15 de Maio, no Museo Municipal, os alumnos de plástica de 4 ESO, inauguraron a súa exposición sobre as letras gallegas 2018, onde ilustran un soneto de María Victoria Moreno.
Completamos a mañá visitando outras exposiciones da cidade.

     

VISITA A NIÑODAGUIA

Os alumnos de 1°ESO visitaron as instalacións do museo de olería da Niñodaguia onde ademáis de tomar contacto coa historia viva que significa un cacharro de barro, recibiron unha clase de etnografía.

 

O alumnado de 4º ESO da materia de plástica visitou a exposición ARTE E CIENCIA no Centro Cultural Marcos Valcárcel

 

Nesta exposición, promovida pola Institución Galega de Ciencia, Igaciencia, prima a compoñente didáctica e divulgativa.

 

A Institución Galega de Ciencia é unha asociación que ten entre os seus fins concienciar sobre a importancia da I+D+i no desenvolvemento de Galicia; achegar á sociedade a investigación; promover o desenvolvemento e a innovación tecnolóxicas, e tamén participar en actividades divulgativas que transcurran no eido científico.

 

O aspecto é a presentación animada e un conxunto de paneis que mostran, paso a paso, o método compositivo do artista Juan Gris. Na mostra preséntanse múltiples aspectos xeométricos que rexen a construción das obras de arte, pero tamén se fai explícita a influenza de diversas investigacións científicas como o contraste de cores ou a análise de símbolos en galego.

Inauguración da Exposición de 4º de ESO

O alumnado de 4° ESO na inauguración da súa propia exposición sobre as Letras Galegas deste ano. Aberta ao público entre o 1 e o 15 de febreiro no claustro de exposicións do Liceo de Ourense.
Na mesma saída visitamos otros lugares de interese artístico da cidade.

 

Exposición de gravados na Casa da Xuventude de Ourense

O CPI José García de Mende conmemora o días das letras galegas cunha exposición de gravados
inspirados no poema "Penélope" do autor homenaxeado Xosé María Díaz Castro, que se poden ver
na Casa da Xuventude de Ourense durante este mes de maio.
Trátase dunha suite de dezaseis linografías estampadas en papel Fabriano crema de 38 x 28 cm,
cunha mancha de 16,5 x 24, 5 cm, a unha soa tinta.
Estampouse no obradoiro da aula de plástica dos alumnos de 4º ESO, dirixidos polo profesor Xosé
Poldras.
As estampas dan unha visión do poema desde dezaesies puntos de vista diferentes partindo de
versos, estrofas, o texto completo ou evocacións que este fai nos autores das imaxes; supoñen unha
reflexión sobre o feito poético, e máis un acercamento á liguaxe plástica desde unha técnica onde
conflúen a arte da imaxe e os coñecementos técnicos dun procedemento tan complexo como é o
gravado.

 

 

XORNADA DA ARTE

O martes 28 de xaneiro os alumnos de plástica adicaron a mañá á arte:

-Visita á Escola de Arte Antón Failde, para coñecer procesos de elaboración artística en diferentes disciplinas
-Visita á exposición do espazo de Caixagalicia Banco, para ver o proceso de restauración da arte antiga
-Visita, con artista incluído e charla ao seu cargo, no Museo Municipal
-Visita ao Centro Cultural Marcos Valcárcel, para disfrutar da arte contemporánea local e galega

Unha xornada moi completa!!

NIÑODAGUIA

O 21 de xaneiro, 1 ESO visitou o museo de alfarería de Niñodaguia, co departamento de plástica, onde ademáis de coñecer a as pezas tradicionais, tivemos unha clase de volume, contextualizada na historia de Galicia

    

EXCURSIÓN AO MUSEO DE ALFARERÍA DE NIÑODAGUIA

 

Os alumnos de 1º de ESO visitaron o Museo de alfareiría de Niñodaguia e a obradoiro de Agustín Vázquez Ferreiro onde puideron ver as diferentes posibilidades da cerámica, coñeceron o percorrido histórico desta disciplina, e valoraron o traballo artesanal e relacionado co tratamentoque lle dá ao volume o currrículum.

O alumnado de 4º ESO fixo unha visita pola cidade de Ourense, percorrendo as salas de exposición principais, para promocionar a cultura visual e o seu disfrute da arte: Centro Cultural Marcos Valcárcel, Museo Municipal e Sala de exposicón de NovagaliciaB. Como colofón visitaron a Escola de Artes Antón Failde onde coñeceron os procesos de rezalización e planificación do produto artístico.

  

Corto de plástica realizado na biblioteca

Un reto isométrico é unha curtametraxe feita polos alumnos de 3º ESO do CPI José García, onde de maneira lúdica propeñemos ao público un xogo que combina o debuxo técnico e o volume, ademáis dun pequeno reto; a historia remata cunha peza sen resolver para que a intente facer o espectador.

Distribuir contido


by Dr. Radut