Skip to Content


 

Novas

UN MAIO NO COLE

Hoxe rematamos a xornada cunha sorpresa, que nos encheu de ledicia.

Unha familia do centro veu compartir con nós a elaboración dun maio, para reivindicar a moderación de velocidade nos arredores do centro, trouxo a estrutura e xa moitos elementos de decoración, agora só queda mañá que o alumnado remate de decoralo.

GRAZAS FAMILIA PARDO MÁRQUEZ

VACANTES CURSO 2021-2022

A NOSA IGUALDADE EN TELEMIÑO

                  

...

 

Neste vídeo podedes ver un resumo das actividades realizadas ao longo do proxecto "Educar no Feminismo,  Construir a Igualdade" que a Anpa levou a cabo ao longo deste trimestre no colexio, en todas as etapas educactivas. Este proxecto foi posible grazas a unha subvención da Secretaría Xeral de Igualdade.

Esperamos poder repetir esta experiencia e poder seguir traballando en pro da Igualdade.

CONSTRUÍNDO IGUALDADE

 

COMEZOU O PLAN DE IGUALDADE NO NOSO CENTRO O DÍA 22 DE OUTUBRE E QUE NOS ACOMPAÑARÁ AO LONGO DO CURSO NAS TITORÍAS APOIADO POLA ANPA, PROFESORADO, FAMILIAS E ALUMNADO.

 

REUNIÓN PAIS DE ALUMNADO DE 1º E 2º DA ESO

 

PRESENTACIÓN DE TITORES DO ALUMNADO DE 1º E 2º DA ESO

 

O próximo xoves día 26 de setembro as 19:30 h. da tarde terá lugar a primeira reunión de pais con titores para a presentación do novo ano escolar. A Dirección e a Xefatura de estudos de Secundaria daralles a benvida e informará sobre o funcionamento do centro aos pais dos novos alumnos.

 

 

COLABORACIÓN DE COMEDOR CURSO 2019/20

COLABORACIÓN DE COMEDOR CURSO 2019/20

 

Notificamos 3 vacantes de colaboración de comedor para o ano 2019/20.

Interesad@s poden pasar a informarse na Secretaría do colexio.

CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020

A data escollida polo centro será o 30 de abril de 2020. Non lectivo

BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO 2019/20

 

BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO  2019/20

 

Presentación de solicitudes aberta do 28 de xullo ao 26 de setembro de 2019 

(premer enriba)

 

 

LISTADO LIBROS CURSO 19/20 SECUNDARIA

Distribuir contido


by Dr. Radut