Skip to Content


 

Novas

PRIMEIRA AVALIACIÓN

Ao longo desta samana estanse a levar a cabo as reunións correspondentes á PRIMEIRA AVALIACIÓN.

O Boletín coas cualificacións será entregado ao alumnado o MARTES 21 (Primaria) e o MÉRCORES 22 (ESO).

Lembramos aos pais/nais, que deberán asinar o boletín e entregar o resguardo ao titor correspondente á volta das vacacións de Nadal.

Cambio no horario dos Autobuses

Por fin chegou a aprobación da Xefatura Territorial do cambio horario no regreso dos autobuses para os Luns, Mércores e Venres.

Este cambio se aplicará a partires do 10 de Xaneiro de 2011 e o que cambia co novo horario é que a saída dos autobuses do Centro os Luns, Mércores e Venres será ás 15:05 horas.

Eleccións ao Consello Escolar

O vindeiro Xoves 25 estará a Mesa Electoral:

Na Secretaría do Centro  entre as 9:00 e as 16:00 para as votacións do sector Pais e Nais.

Na Biblioteca entre as 9:50e as 11:00 para as votacións do sector Alumnado.

Na Sala do Profesorado ás 11:30 para o Claustro Extraordinario de votacións do sector Profesorado.

Animamos a toda a Comunidade Educativa a participar neste proceso electoral.

       

 

 

 

 

 

 

 

 

CONSELLO ESCOLAR Proclamación de candidatos

Na cidade de Ourense e sendo as 11:30 horas do día 16 de novembro de dous mil dez, reúnense  no C.P.I. JOSE GARCÍA GARCÍA, desta localidade, a Xunta Electoral para proclamar as candidaturas ao Consello Escolar polos distintos sectores, quedando estas como sigue:

 Candidaturas:

 Pais/nais

       Mónica Rodríguez Torres                                        

José Pérez González                                                 

Francisco Javier Almeida Pinto                             

  Alumnado

             Nerea Prieto Rodríguez                                                              

            Pedro de Juana de Frutos                                   

            Jorge Pérez González                                            

            Alba Mª Campello Cendán                                   

 Profesorado

               María Soledad Losada Deus                             

              Ana Mª Jiménez González                                     

              Esther Fernández Pérez                                      

              Ana Rosa Rodríguez Vilachá                                

              Mª Concepción Guerra Hoyos                              

  Según consta no calendario electoral o prazo de reclamacións remata o día 19 de novembro. De non haber ningunha reclamación esta lista de candidatos será a definitiva.

 Ourense, 16 de novembro de 2010

O Presidente da xunta electoral

 Pablo Fernández Valencia

MAGOSTO MENDE 2010

O venres 12 de Novembro se celebra o Magosto do CPI coa seguinte orde do día:

Ás 12:00 horas: Xogos Populares: Turrasoga, Peón, Comba, raiola, Roda, Brilé, Rá, Sacos, ...

Ás 13:45 horas: xantar de magosto en grupos reducidos (por cursos) no patio, aderezado con cantigas e xogos.

Ás 14:30 horas saída dos autobuses. 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Durante toda esta semana está aberto o prazo de presentación de candidaturas a representantes do Consello Escolar.

Os que queran presentarse non teñen máis que pasar pola Secretaría do centro e encher o impreso de solicitude de admisión como candidato/a.

Se renovan parcialmente nesta convocatoria os representantes de pais/nais, alumnado e profesorado.

Así mesmo infórmase de que está exposto nos taboleiros do Centro o censo electoral de Pais/Nais, de Alumnado e de Profesorado.

Cambio no horario dos Autobuses

No pasado Consello Escolar aprobouse o adianto da saída dos autobuses ás 15:05 horas os Luns, Mércores e Venres O motivo é que cos cambios na organización, conseguimos axilizar as quendas do comedor de tal xeito que o alumnado de infantil e primaria sae do mesmo ás 14:30 horas, o que fai que estean no patio demasiado tempo ata a saída do bus.

En canto teñamos o Visto e Prace da Xefatura de Transporte, aplicaremos o adianto ás 15:05 horas, feito que se avisará por escrito.

Distribuir contido


by Dr. Radut