Skip to Content


 

Música

CONCERTO DIDÁCTICO EN CELANOVA

 

O alumnado de 3º e 4º de Música da ESO participaron este martes día 9 de maio nun concerto didáctico no Mosteiro de San Salvador de Celanova impartido pola organista Marisol Mendive. O alumnado interpretou "A primavera" de Vilvaldi á frauta acompañados polo órgano.

Estando na vila, aproveitamos a visita dirixida na Casa dos Poetas e na Capela de San Miguel.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MENDE EN OURENCANTO 2023

 

Esta fin de semana un grupo de alumnas de Secundaria do noso centro participaron no encontro coral Ourencanto. Trátase dun proxecto consolidado para acercar o canto a os xoves ourensanos de 8 a 14 anos.

Foron unhas xornadas de participación e convivencia no Conservatorio e no Auditorio de Ourense. Rematou co gran concerto final onte domingo ás 19 horas, baixo a dirección artística de Josu Elberdin.      

 

 

 

 

 

 

  

 Despois do concerto felices do traballo ben feito.

 

 

 

 

Nos descansos

 

Nos ensaios estudando as partituras

 

VISITA Á EXPOSICIÓN "THE BEATLES"

O alumnado de 2º de ESO visitou a exposición sobre "The Beatles" co Departamento de Música no centro cultural da Deputación Marcos Valcárcel.

 

ADDENDA Á PROGRAMACIÓN DE MÚSICA 2021-2022

Publícase a addenda á programación de Música que a adecúa á orde do 25 de xaneiro de 2022 que actualiza a normativa sobre avaliación. Premendo no adxunto pode verse o documento.

OURENCANTO 2022- ESO

 

Esta fin de semana do 22-23 e 24 de abril celebrouse o certame Ourencanto 2022.

O alumnado da ESO xunto co Departamento de Música estivo disposto a sacrificar os recreos para os ensaios de diferentes cancións coidadosamente seleccionadas. Baixo a dirección artística do director e compositor Josu Elberdin, o alumnado participou no emotivo concerto final deste domingo as 19 horas no Auditorio Municipal de Ourense.

Xunto a outros adolescentes dos centros ourensáns compartimos estas xornadas de canto e convivencia desenroladas no Conservatorio Profesional de Música e no Auditorio. Os participantes recibiron un diploma e unha camiseta que nos recordará estas bonitas horas xuntos.

 

 

 

¡EN CONCERTO!

¡DESPOIS DO TRABALLO BEN FEITO!

VISITA AO MUSEO INTERNACIONAL DA CORNAMUSA

 

O 6 de abril o alumnado de Música de 2º ESO B fixo coas profesoras de Historia e Música   unha visita didáctica ao Museo Internacional da Cornamusa. Percorreron as súas instalacións da man do seu director Xosé Lois Foxo, observando unha das maiores coleccións do mundo de gaitas, esculturas e pinturas. Tamén asistiron a unha actuación de gaiteiros, rematando o acto coa entrega dun agasallo ao alumno Xavi Fuentes Pérez e unha foto final para o recordo.

 

RESUMO PROGRAMACIÓN MÚSICA 21-22

JERUSALEMA. FELIZ 2021!!!

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DE MÚSICA

Recreos musicais

 

 

Co gallo da participación dun grupo de alumnado no Correlingua 2018, a aula de música converteuse cada tempo de lecer nun improvisado estudo de ensaio da canción “Non perdas o norte” (escrita e composta por Sindo Álvarez)

Posteriormente, actuaron no Auditorio de Ourense o 11/V/2018, recibindo o entusiasmo e aplausos do público dos diferentes centros da cidade asistentes ao evento.

 

     

Distribuir contido


by Dr. Radut