Skip to Content


 

Animación á lectura

CAMPAÑA DO CONCELLO DE OURENSE PARA O FOMENTO DA LECTURA

O Concello de Ourense vén de lanzar unha campaña para o fomento da lectura, e para iso agasalla a todos os menores de idade cun libro.

Premendo na seguinte imaxen poden ampliar a información para aceder a este agasallo.

Atentos que o prazo remata o 31 de agosto

 

CONCURSO BOOKFACE

 

Con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril, a Biblioteca en colaboración co Departamento de Dinamización Lingüística do colexio, convocou un orixinal concurso de fotografía, no  que o alumnado tiña que mimetizar a portada dun libro con algunha parte do seu corpo, de maneira que fose unha prolongación do mesmo. O resultado foi espectacular.

Compartimos con todos esta bonita composición, felicitando a todo os participantes e agradecendo a sua colaboración.

Noraboa rapazas e rapaces!

(PREMER ENRIBA)

PLAN LECTOR

PLAN LECTOR

Temos no C.P.I. un Plan de fomento da lectura que, polos bos resultados que está acadando no alumnado, é referencia para outros centros da Comunidade.

 

Infantil e Primaria: Adican media hora diaria, na asignatura de lingua, á lectura.

ESO: Adican 20 minutos diarios á lectura.

Estes 20 minutos repártense do seguinte xeito:

A primeira semana leen na primeira hora da mañá, a segunda semana do mes na segunda hora, e así sucesivamente ata que volven a empezar coa primeira hora. Desta forma están lendo en tódalas asignaturas.

Tanto en Primaria como na ESO, a lectura é libre, é dicir o alumnado trae o seu propio libro, porque o obxectivo principal é que lea polo simple pracer de ler e non por que teña deberes que facer.

En tódolos casos o profesor lee un libro ao igual que o alumnado.

UN POEMA, UNHA FLOR

 

UN POEMA, UNHA FLOR

 

O ALUMNADO DO CENTRO PARTICIPOU NO DÍA DO LIBRO FACENDO POEMAS E RECIBINDO A CAMBIO UN CLAVEL.

 


PREMIOS BIBLIOTECA

 

 

PREMIOS BIBLIOTECA NADAL 18

(VER OS GAÑADORES NO LINK BLOG DA BIBLIOTECA)

Distribuir contido


by Dr. Radut