Skip to Content


 

Lingua Galega

ADDENDA Á PROGRAMACIÓN DE LINGUA GALEGA 2021-2022

Publícase a addenda á programación de Lingua Galega que a adecúa á orde do 25 de xaneiro de 2022 que actualiza a normativa sobre avaliación. Premendo no adxunto pode verse o documento.

PROGRAMACIÓN LINGUA GALEGA 2021-22 Resumo

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN LINGUA GALEGA

ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE GALEGO

 

PARA VISUALIZAR ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE GALEGO PREMER NO LINK

BLOG DA BIBLIOTECA

(PREMER ENRIBA)

TERTULIAS EN GALEGO NO LICEO

 

As Tertulias do Concello: O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban.

Martes, 4 de ferreiro de 2020.

 

O CPI de Mende participa na segunda xornada de “Tertulias do Concello”, que se celebrou o martes

4 de febreiro, ás 16:30 no Liceo. O noso centro participou coa presentación dos principais aspectos

da novela, O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban, e dirixindo e animando o debate tanto

aos seus compañeiros como ao resto do alumnado asistente, acompañáronnos alumnado do IES

Blanco Amor e do IES 12 de Outubro. Grazas e parabéns a Eva, Susana, Verónica, Andrea e

Carme, pola preparación e exposición que fixeron. E grazas e parabéns a todas as alumnas que

asistiron polo seu interese e a súa participación na Tertulia.

 

TERTULIAS LITERARIAS EN GALEGO (1ª parte)

 

TERTULIAS LITERARIAS NO LICEO

 

A primeira parte das Tertulias Literarias en Galego no Liceo comezou cunha charla que tivo lugar este xoves 30 de xaneiro pola tarde. O autor do libro "O meu nome é Ninguén" Manuel Esteban, falou co noso alumnado do seu novo libro e firmou exemplares.

A Tertulia literaria terá lugar este vindeiro martes 4 de febreiro.

 

CORRELINGUA 2019, 15 DE MAIO

 

Correlingua 2019 

Alumnado e profesorado participarán no Correlingua. Farán a pé o camiño o voltarán tralos actos. 

 

Lugar: auditorio municipal

1ª QUENDA (participantes de secundaria):

9.45 h: Recepción no Auditorio

Actuacións e actividades: presentación Anxo Manoel, lectura manifesto 2019, proxección vídeos gañadores, actuacións alumnado, actuación Cantalingua: Cuarta Xusta

11.40 h: andaina cara á Praza Maior. Itinerario: saída do Auditorio, rúas da Canle, Emilia Pardo Bazán, San Francisco, praza do Correxedor, praza dos Suaves, rúa dos Fornos, rúa Viriato, praza do Ferro, rúas Santo Domingo, Parque de San Lázaro, Paseo, Lamas Carvajal e chegada á Praza Maior

12.30-13.30 h: concurso de pancartas na Praza Maior e actividades organizadas polo TAFAD do CIFP A Farixa de Ourense

2ª QUENDA (participantes de infantil e primaria):

10.15-11.30 h: recepción na Praza Maior, concurso de pancartas e actividades organizadas polo TAFAD do CIFP A Farixa de Ourense

11.30 h: andaina cara o Auditorio Municipal. Itinerario: saída da Praza Maior, rúas Lamas Carvajal, do Paseo, Cardenal Quiroga, Santo Domingo, praza do Ferro, rúas Fornos, da Lúa, Emilia Pardo Bazán e chegada ao Auditorio

12.00 h:recepción no Auditorio

Actuacións e actividades:  presentación Anxo Manoel, lectura manifesto 2019, proxección vídeos gañadores, actuacións alumnado, actuación Cantalingua: Cuarta Xusta.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut