Skip to Content


 

Dependencias

O NOSO CENTRO NOS MEDIOS

Esta semana o noso centro, ademais das cuñas publicitarias, tanto na cadena Ser coma en Onda Cero, a cadea de televisión local, Telemiño, recolleu o desfile do noso Entroido.

 

O Entroido do noso centro en Tele Miño no seu Xornal Escolar de Entre estrellas que iluminan

Ademais a cadea de radio Onda Cero pasaron polo centro para entrevistar a unha das nosas mestras, premendo no arquivo adxunto poden escoitala.

TODO SOBRE O NOSO CENTRO. Un colexio que paga a pena coñecer

A CONTINUACIÓN UN VÍDEO DAS NOSAS INSTALACIÓNS:

BENVIDAS/OS de Entre estrellas que iluminan

 

PREMER na imaxe para escoitar a entrevista a unha mestra e nai do Centro no programa da Cadena Ser, "Hoy por Hoy", empeza no minuto 49. Ademais, nos arquivos adxuntos, están tanto esta entrevista coma a cuña que dous membros do alumnado realizaron para a emisión de publicidade nesta cadena.

A CONTINUACIÓN UN VÍDEO DO NOSO ALUMNADO NO ENTROIDO NUNHA ENTREVISTA PARA TELEMIÑO:

 

XORNAL ESCOLAR-TELEMIÑO de Entre estrellas que iluminan

CREANDO A NOSA SALA DE XOGOS

PREME NA FOTO PARA VER O RESULTADO

O alumnado de Mende está de sorte: ADAPTÁMONOS AO ESPAZO PARA CREAR ESTA SALA DE XOGOS diversos. Con capacidade de ata 44 rapaces e rapazas xogando con distancias ao ping-pong, frontón, air hockey, futbolín, billar, pickleball, palas, baloncesto, etc.

O patio de columnas era un espazo baleiro de teito baixo e dividido por piares que dificultaban o seu uso. Agora é unha sala de xogos ventilada e cuberta, o que permite utilizala sempre.

Traballaron arreo na montaxe alumnos e alumnas de 2ºESO: graciñas!. Colaboraron persoal do Concello na instalación, e no deseño e a montaxe as profesoras de EF de secundaria. Graciñas Miriam Fdez!

VÍDEO PRESENTACIÓN CPI PLURILINGÜE JOSÉ GARCÍA GARCÍA

Creación do patio-bosque

Ampliamos o patio para ter máis espazo de xogos e contacto coa contorna natural. Graciñas a todas as persoas que colaborastes!

 

O colexio a vista de paxaro

Gústanos o cole desde dentro, desde fóra, cos pés na terra... e agora coma a viaxe evocadora dun paxaro!

Filmado e editado polo alumno Breixo F. Chapela

 

MELLORANDO O COLEXIO!!!!!

 

Estivemos a traballar este verán para que todo vaia ben, e seguiremos a facer un esforzo colectivo de adaptación e innovación. 

Vídeo de Eva Martínez e Susana Cougil

A oferta educativa do C.P.I. Plurilingüe José García García

 

A OFERTA EDUCATIVA DO NOSO CENTRO

(premer nos adxuntos)

CAMBIO DE CARA

Estamos a pintar as aulas para facer a nosa estancia máis atractiva, aquí tedes unha mostra do antes e despois.

Zona de Infantil

Contamos no Centro cunha zona cuberta adaptada e pechada para os máis pequenos. Ten un areeiro, unha zona de pavimento de caucho e unha zona de xogos, no que imos colocando diferentes elementos recreativos para o disfrute do alumnado de infantil nos tempos de lecer.

Esta zona foi decorada con murais e pinturas do prestixioso artista POLDRAS, profesor de Plástica do noso CPI.

   

Distribuir contido


by Dr. Radut