Skip to Content


 

Educación física

ADDENDA Á PROGRAMACIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA 2021-2022. PLAN DE REFORZO 6-22 xuño

Publícase a addenda á programación de Educación Física que a adecúa á orde do 25 de xaneiro de 2022 que actualiza a normativa sobre avaliación. Premendo no adxunto pode verse o documento.

Para o alumnado que debe recuperar avaliacións de EF entre o 6 e o 22 de xuño:

- Deberán facer os vídeos e tarefas da aula virtual Edmodo que non fixeran ou non superados.

- Atender ao plan individiualizado por se ademais deben pasar unha proba escrita.

 

Para o alumnado que quere subir nota entre o 6 e o 22 de xuño:

- Repasar os apuntes que se atopan na aula virtual. Avisar á profesora de que avaliación ou avaliacións quere mellorar, e facer unha proba escrita. 

CREANDO A NOSA SALA DE XOGOS

PREME NA FOTO PARA VER O RESULTADO

O alumnado de Mende está de sorte: ADAPTÁMONOS AO ESPAZO PARA CREAR ESTA SALA DE XOGOS diversos. Con capacidade de ata 44 rapaces e rapazas xogando con distancias ao ping-pong, frontón, air hockey, futbolín, billar, pickleball, palas, baloncesto, etc.

O patio de columnas era un espazo baleiro de teito baixo e dividido por piares que dificultaban o seu uso. Agora é unha sala de xogos ventilada e cuberta, o que permite utilizala sempre.

Traballaron arreo na montaxe alumnos e alumnas de 2ºESO: graciñas!. Colaboraron persoal do Concello na instalación, e no deseño e a montaxe as profesoras de EF de secundaria. Graciñas Miriam Fdez!

UNHA MAÑÁ DE PÁDEL CO ALUMNADO DE 4º DA ESO

Da man do profesor Borja Leivas, todos os estudantes de 4º tomaron contacto cunha actividade que se pode practidar en Oira, preto do noso Colexio. Tras recibir varias clases de iniciación nas clases de EF, tod@s, profes e estudantes, participamos intensamente da xornada de pádel e a camiñata de volta. Ninguén quería marchar!!

 Vídeo de Jorge Carracedo e fotos de Hugo Daniel Ferreira de 4B.

Os docentes e a coidadora mostrando o estilazo adquirido

RESUMO PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA 2021-22

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA

Xogos cooperativos de Nadal

Nestes xogos as persoas do grupo non compiten entre elas, senón que cooperan para ter éxito.

Cada vez que os equipos conseguían facelo ben, recibían unha estrela que despois cambiaron por agasallos e sorteos.

Carmen, Candela, Eva, Marcos, Antía, Uxía e Verónica de 4B fixeron posible tanta diversión  co seu traballo de monitoras: bravo!!!

CARREIRA INCLUSIVA SAN MARTIÑO 2019

 

CARREIRA INCLUSIVA, ESCOLAR E CATIVOS 

 

AS FAMILIAS E O ALUMNADO DO COLE CORRERON A CARREIRA DE SAN MARTIÑO 2019 POLA IGUALDADE E A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, UNHA INICIATIVA MÁIS DO PROXECTO " EDUCAR NO FEMINISMO, CONSTRUIR A IGUALDADE"  DA AMPA, GRAZAS A UNHA AXUDA DA SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE.

DANIEL CID DE 6º PRIMARIA, IAGO TUMBEIRO DE 4º ESO, NEREA DE DIOS DE 1º ESO E ARANCHA GONZÁLEZ DE 3º PRIMARIA PARTICIPARON ACTIVAMENTE NA CARREIRA INCLUSIVA.

TODOS VENCEDORES!

 

Coreografía 4

ROTEIRO CICLOTURISTA 4º ESO

Roteiro cicloturista 4º ESO

Os Departamentos de Educación Física e de Bioloxía e Xeoloxía organizaron esta saída en bici desde o colexio ata Outariz, con parada didáctica no Tinteiro e baño nas pozas de Outariz incluído. A mañá resultou moi entretenida e proveitosa.

VISITA AO CONXUNTO ARQUEOLÓXICO SAN TOMÉ

VISITA AO CONXUNTO ARQUEOLÓXICO SAN TOMÉ 


 

O Departamento de Educación Física, coa colaboración de Bioloxía  e Xeoloxía e o alumnado de 3º A-B, organizou unha visita a pé subindo pola antiga calzada romana desde a teaeira do colexio ao castro de San Tomé. Alí recibiron sendas charlas sobre o seu valor ambiental e patrimonial e a continuación voltaron ao colexio rodeando por Castadón. Deste xeito puxeron en valor o pequeno tesouro que temos ás nosas costas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut