Skip to Content


 

Educación física

Rugby cinta

Os días 6, 7, 13 e 14 de outubro desenvolveuse no colexio unha actividade dentro do programa “ Coñece o meu club” chamada “ Rugby cinta” , do Club Keltia de rugby – Ourense.

Esta actividade tivo como destinarios os alumnos/as de 3º e 4º de ESO.

Varios componentes do Club de rugby Keltia, presentaron o alumnado esta actividade, desmitificando a idea de que o rugby é un deporte violento, xa que nesta actividade o contacto físico non se permite.

A actividade  presentouse en dúas sesións nas que os alumnos disfrutaron de diversos xogos enfocados a aprendizaxe da  mesma.

O profesorado implicado foi o encargado de impartir a materia de E. Física en cada un dos grupos.

PREME NA IMAXE PARA VER UNHA GALERÍA DE FOTOS DA ACTIVIDADE

CHARLA DE SALVAMENTO ACUÁTICO

Na última semana de setembro e primeiros días de outubro , os alumnos/as de 4º , 5º  e 6º de E. Primaria e 1º e 2º da ESO, disfrutaron da presentación dunha actividade que leva como título : “ salvamento acuático”, actividade que está incluida dentro do programa XOGADE:

 “ Coñece o meu club”, ofertada pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Trátase dun deporte de competición descoñecido para a maior parte da poboación., pero que en España posúe incluso campións do mundo. É unha das actividades físicas máis completas, xa que aos beneficios que aporta a propia natación engádenselle outras habilidades e destrezas, dentro e fora da auga.

As competicións dispútanse en piscinas e en praias.

 

Os rapaces foron partícipes tanto de actividades teóricas, como prácticas co monitor que presentou  a mencionada actividade.  Este  monitor pertence o Clube de Salvamento SALVOUR . Ofréceselle así aos alumnos/as unha alternativa de ocupación para o tempo libre.

 

O profesorado implicado na organización desta actividade son os responsables de impartir a materia de Educación Física en cada un dos grupos:

ANA ROSA, PABLO, IGNACIO.

 

Preme no gato para ver unha galería de imaxes da actividade

   

PRIMEIRO DE ESO

PRIMEIRO TRIMESTRE

Na parte práctica:

Faremos as seguintes probas de medición do desenvolvemento físico: 30' correndo, 30" abdominais, Velocidade de desplazamento (LETWIN), Velocidade xestual (PLATE TAPPING), Forza de pernas (Detente Vertical).

Avaliaremos tamén o nivel de adquisición das seguintes habilidades: Voltereta adiante, Voltereta atrás, Equilibrio de nuca e Equilibrio de cabeza.

Na parte teórica:

Faremos un exame de coñecemento de: O Calentamento, O exercicio físico, diferenciación dos exercicios físicos en función do obxectivo.

Faremos un traballo sobre as partes do calentamento no que será fundamental a identificación dos diferentes exercicios en función da parte do calentamento na que estemos.

Visita a WEB de Educación Física no enlace que atoparás na parte alta da pantalla para máis información.

SEGUNDO TRIMESTRE

Neste segundo trimestre imos falar dos tipos de deportes: individuais, colectivos e de adversario.

Ademais practicaremos Malabares, Deportes de raqueta e Atletismo, todas elas prácticas deportivas individuais e de adversario.

A parte da práctica continuada destes deportes, debes repasar os contidos teóricos que aparecen no apartado "primeiro de Eso segunda evaluación" do blog da asignatura, e debes entregar un traballo que consiste nun debuxo da pista de atletismo onde deberás situar as diferentes modalidades deste deporte.Todala información, como sempre, no blog ao que accedes no enlace que está na parte de arriba desta mesma páxina.

Se tes algunha dúbida, non deixes de consultala co profesor.

El ejercicio físico desarrolla el cerebro

Distribuir contido


by Dr. Radut