Skip to Content


 

Educación física

Acrosport en marcha!

COMO NACEU O EQUIPO DE MEDIACIÓN

Mellorar a convivencia era o noso obxectivo, por iso estivemos traballando para formarnos como mediador@s. Agora somos un equipo!:

UN EQUIPO DE MEDIACIÓN AO SERVIZO DE TOD@S

 

Problemas de convivencia que non consegues resolver?

PODES SOLICITAR UNHA MEDIACIÓN

A nosa ferramenta é O DIÁLOGO, seguindo unhas pautas que vos axudarán a atopar unha solución válida.

Se queres máis información sobre a mediación escolar PINCHA SOBRE O LOGO:

 

Street dance

Impresionante e divertida!

Aventura en Manzaneda

Cando te deslizas sobre a neve, levas un sorriso debuxado no corpo. Aprender a esquiar nun día solleiro ponnos en contacto co medio natural, e con nòs mesmos.

Foi un día de compartir e experimentar coas montañas e os compañeiros, nunha xornada estupenda!

Toda unha aventura de 3 ESO e os profes de EF

Mellorando a convivencia

Como levarnos ben e dar o mellor de nós? 
Cintia, Breixo, Laura e Emilia, coa axuda de Ánxeles, puxéronse a traballar na idea, creando un documento que aglutina dereitos e deberes a considerar, que ben poderían ser universais.
E ti, como cres que debe ser unha sociedade?

 

Consulta o texto completo no documento achegado:

Proba de actividades ximnásticas

 

Aquí tedes a proba de destrezas ximnásticas  presentada por Pablo e Iris.

A práctica de elementos da ximnasia artística deportiva é clave para mellorar a percepción do corpo no espazo e no tempo, o esquema corporal e a propiocepción. Ao mesmo tempo, desenvolve a coordinación, a flexibilidade, a forza e a resistencia muscular. Coas axudas que se prestan aos compañeiros, traballamos a cooperación e facémonos máis responsables.  

Adiante! Sobran razóns para practicar!!

 

Apúntate á San Martiño!

Correr a San Martiño ou non? O certo é que é un auténtico evento dentro das carreiras populares en Ourense.
 Como parte do seu  proxecto de Educación Física, os autores de 4ºESO recolleron motivos diversos para animarnos a participar.
A que esperas?  Mira o vídeo e inscríbete!

Voleibol sentado: deporte para tod@s

O voleibol sentado é unha variedade  do voleibol apta para xogadores de mobilidade reducida. A súa vistosidade é comparable coa do voleibol e o volei praia. O xogo e a técnica son os mesmos, coa rede máis baixa, pero é obrigatorio manter a pelvis en contacto co chan no momento de tocar o balón. Os estudantes comprobaron o dífícil e meritorio que é xogar esta modalidade... ademais de pasalo en grande!

 

Making a tutorial

Our bilingual students dare to introduce a dance tutorial to their classmates. They made lots of decisions by choosing the steps and the song, organizing rehearsals, and finally explaining it to the others.
Here is a sample of their team works.
Shall we dance?

Distribuir contido


by Dr. Radut