Skip to Content


 

O alumnado de 4º ESO da materia de plástica visitou a exposición ARTE E CIENCIA no Centro Cultural Marcos Valcárcel

 

Nesta exposición, promovida pola Institución Galega de Ciencia, Igaciencia, prima a compoñente didáctica e divulgativa.

 

A Institución Galega de Ciencia é unha asociación que ten entre os seus fins concienciar sobre a importancia da I+D+i no desenvolvemento de Galicia; achegar á sociedade a investigación; promover o desenvolvemento e a innovación tecnolóxicas, e tamén participar en actividades divulgativas que transcurran no eido científico.

 

O aspecto é a presentación animada e un conxunto de paneis que mostran, paso a paso, o método compositivo do artista Juan Gris. Na mostra preséntanse múltiples aspectos xeométricos que rexen a construción das obras de arte, pero tamén se fai explícita a influenza de diversas investigacións científicas como o contraste de cores ou a análise de símbolos en galego.



blog | by Dr. Radut