Skip to Content


 

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado xoves, 18 de abril, alumnado de 5º E. Primaria e 4º da ESO, acudiu dende o Departamento de Plástica a dúas visitas na cidade de Santiago de Compostela. Primeiro ao Auditorio de Galicia para descubrir as creacións das seis fanzineiras que conforma a mostra #Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega, una exposición que dá conta do bo momento da banda deseñada feita por mulleres en Galicia.  Maru Astray, Julia Lago, Bea Lema, Uxía Larrosa, Xulia Pisón e Pepa Prieto Puy.

Logo no Gaiás, Cidade da Cultura, á exposición de Innovart 24, un gran evento de promoción das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas en Galicia, onde puideron participar en algúns obradoiros.

Visita Auditorio de Galicia: Punctum de Entre estrellas que iluminan

i n n o v a r t 2 4 de Entre estrellas que iluminan



page | by Dr. Radut