Skip to Content


 

Extraescolares, Celebracións no Centro

CHARLA CRUZ VERMELLA: PROXECTO HÁBITOS ALIMENTARIOS SAUDABLES

O pasado mércores, día 25 de maio, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizaron unha actividade sobre  nutrición, cunha monitora da Cruz Vermella, dentro do seu Proxecto Educación para a Saúde, sobre "Hábitos alimentarios saudables"

SAÍDAS ORIENTACIÓN LABORAL

Este martes 23 de maio, o alumnado da ESO, coma cada curso, realizou, acompañado do Xefe do Departamento de Orientación e titoras, visitas aos centros de Formación Profesional da cidade, para obter información "in situ" da correspondente orientación Laboral.

A continuación un resumo:

SAÍDAS ORIENTACIÓN LABORAL de Entre estrellas que iluminan

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS 2023

Ao longo da semana pasada leváronse a cabo varias actividades relacionadas co autor deste ano, Francisco Fernández del Riego, en todas as etapas educativas do centro e interetapas.

A continuación un resumo:

LETRAS GALEGAS 2023 de Entre estrellas que iluminan

EXCURSIÓNS INFANTIL E PRIMARIA MAIO

IMOS DE EXCURSIÓN de Entre estrellas que iluminan

PROGRAMA ACTIVIDADES SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2023

CELEBRACIÓN SEMANA DO LIBRO

Ao longo da semana pasada, co gallo da conmemoración do Día do Libro (23 de abril), leváronse a cabo varias actividades no centro, coa participación de toda a comunidade educativa.

A continuación un resumo:

Semana do libro 2023 de Entre estrellas que iluminan

EXCURSIÓN A PARÍS

Esta semana un grupo do alumnado da ESO do Departamento de Francés realizaron unha excursión a París.

Queda aquí unha mostra da súa chegada, completaremos información a vindeira semana co seu regreso e a reportaxe de todo o que puideron ver e disfrutar.

ACTIVIDADE DE XIMNASIA PARA 4º E 5º E. PRIMARIA

Dende o Departamento de Educación Física o pasado 12 de abril celebráronse sesións sobre Ximnasia, unha actividade concedida no apartado Coñece o meu club.

 

COÑECE O MEU CLUB: XIMNASIA de Entre estrellas que iluminan

EXCURSIÓN PENA CORNEIRA ALUMNADO 1º DA ESO

O 18 de abril o alumnado de 1º da ESO pasou unha estupenda mañá de excursión campestre en Pena Corneira. 

Ademais de facer unha pequena ruta circular cunha parada espectacular no miradoiro do Outeiral, tamén visitaron a igrexa de San Tomé de Serantes e a área etnográficao do Regato do Foxo. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut