Skip to Content


 

Extraescolares, Celebracións no Centro

E XA ARRANCOU O ENTROIDO E A TROULA!!!

Dende o martes 31 de xaneiro no Centro xa comezou a troula para ir preparando o Entroido, así comezaron os máis pequenos co Domingo Fareleiro que para nós transformouse no Luns Papeleiro; este luns, día 6, celebramos o Domingo Oleiro, transformado en Luns Peloteiro, e rematamos a semana co Xoves de Compadres coa correspondente carreira, no tempo de lecer, entre todas as etapas, para salvar ou estragar o Compadre segundo corresponda.

A continuación un pequeno resumo:

No CPI Plurilingüe José García García xa levamos unha semana de troula e entroido de Entre estrellas que iluminan

PROGRAMA ENTROIDO

Programa Entroido de Entre estrellas que iluminan

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ 2023

O pasado luns, día 30 de xaneiro de 2023, coma cada ano, celebramos no centro un acto no patio onde se reuniu toda a comunidade escolar para cantar e bailar a canción "Cantarela dos nenos" basada no poema de X. Neiras Vila, rematando coa lectura do correspondente manifesto.

A continuación un conto que resume este mes de actividades pola Paz:

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ 2023 de Entre estrellas que iluminan

RESUMO ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS EN DECEMBRO E FESTA NADAL

A continuación presentamos en dúas montaxes de vídeo, por unha banda as actividades complementarias levadas a cabo durante o mes de decembro e por outra a festa de Nadal, actividades que se realizaron o derradeiro día do trimestre e nas que participaron todas as etapas educativas de xeito colaborativo.

RESUMO ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DECEMBRO de Entre estrellas que iluminan

Festa fin do 1º Trimestre de Entre estrellas que iluminan

BOAS VACACIÓNS E BO NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Este Equipo Directivo deséxalle a toda a Comunidade Educativa unhas boas vacacións e boas festas.

Estaremos de volta o luns día 9 de xaneiro de 2023

ACTIVIDADES PARA CELEBRACIÓN DO NADAL

CELEBRACIÓN 25 N

O pasado venres, día 25 de Novembro, celebramos no noso centro un acto musical como apoio á loita contra a violencia cunha canción de Sés, "E ti, só ti", coa participación de toda a Comunidade Educativa.

A continuación un resumo de todas as actividades realizadas no centro ao longo da semana:

CELEBRACIÓN 25 n de Entre estrellas que iluminan

PROGRAMA ACTIVIDADES PARA CELEBRACIÓN 25 N

No mes de novembro conmemorase o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Na actualidad, a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis extendidas, persistentes e asoladoras do mundo. A desigualdade entre os xéneros persiste en todo o mundo. Acabar con ela requiere esforzos enérxicos para combater a discriminación profundamente enraizada, que a miúdo é consecuencia de actitudes patriarcais e das normas sociais que estas conlevan.

 

PROGRAMA 25N de Entre estrellas que iluminan

CAMPAÑA INTERNACIONAL POLA AMIZADE

O alumnado de Infantil e Primaria sumouse á campaña #SayHi de Eurovisión que reúne aos máis pequenos para celebrar a inclusión e a amizade. Rapazada de toda Europa uniuse cunha mensaxe clara, "Say Hi, di hola, faite amigo de alguén". O alumnado bailou e cantou  a canción "Junto a ti" interpretada por Martina Burón e  Vicky Gómez. O obxectivo da campaña é crear  compañerismo positivo que inclúa a todos e reduza o sentimento de soidade dos nenos e nenas ao tempo que insiste na diversidade e as diferenzas de todas las personas. O acto central da campaña foi o pasado día 11 de novembro. Nese momento, os nenos e nenas de 10 países europeos, entre outros Noruega, Alemania, Francia, Portugal, e Suiza, realizaron un mismo baile en favor da Amizade.

A continuación unha mostra do acaecido no noso centro:

 

CAMPAÑA DA AMIZADE 11 NOVEMBRO 2022 de Entre estrellas que iluminan

RESUMO ACTIVIDADE PLÁSTICA: "Plantando árbores con pinceis"

Onte celebrouse no centro unha actividade de pintura (Plantando árbores con pinceis) no centro, ofertada pola Afundación Obra Social Abanca, con monitores que dirixiron a actividade tanto de pintura (fotocatalítica, anticontaminación que absorve o CO2 do ambiente), sobre muro no comedor, coma no obradoiro de pintura de bolsas de tea na Aula de Plástica. 

A continuación unha mostra desta actividade:

ACTIVIDADE PLÁSTICA: Plantando árbores con pinceis de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut