Skip to Content


 

Extraescolares, Celebracións no Centro

A CLASE DE 2º DE E. PRIMARIA SEMENTA AMORODOS

Hai uns días o alumnado de 2º de E. Primaria, a clase de Trasnos e Amorodos deste curso, estivo a sementar as sementes do froito que os representa, os amorodos, e explican moi ben como realizaron esta actividade. Moitos parabéns, un gran traballo en equipo.

A continuación un vídeo onde se recolle este proceso:

a clase doa duendes e amorodos de Entre estrellas que iluminan

CELEBRACIÓN DÍA DA ÁRBORE E PRIMAVERA: RUTA POLO RÍO LOÑA

O xoves día 24 o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria, e o venres 25 o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria do Centro celebrou o comezo da Primavera e Día da Árbore cunha saída pola beira do Río Loña ata o Campus Universitario, onde merendaron e logo coa aplicación Lens das súas tabletas de aula identificaron algunhas das árbores e arbustos da zona, para logo facer a ficha e debuxo ilustrativo para posterior edición dun libro que deixarán na Biblioteca na sección "As nosas creacións".

A continuación, coma sempre, a correspondente reportaxe, realizada polo Equipo Tic do Centro:

RUTA RÍO LOÑA de Entre estrellas que iluminan

TALLER DE APICULTURA CON APÍPOLIS

O pasado luns, día 14 de marzo, o alumnado de E. Primaria, distribuídos en dous grupos, un de 1º a 3º e outro de 4º a 6º, e en dúas sesións, os primeiros de 9:00 a 11:00 e os segundos de 11:30 a 13:20; realizaron un taller de apicultura ofertado polo Centro e impartido por Nico do Centro Apípolis.

Apípolis é un Centro para a Comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas, que se encadra dentro dos Equipamientos para a Educación Ambiental. Apípolis pretende facilitar o achegamento a determinados procesos naturais, posibilitando que os visitantes poidan vincular as súas vivencias cotidianas a eles, así como ás problemáticas que lles afectan.

A continuación coma sempre un resumo desta actividade:

TALLER DE APICULTURA CON APÍPOLIS de Entre estrellas que iluminan

CONTACONTOS E MÚSICA

A semana pasada foi unha semana de moita actividade no Centro, para o noso alumnado máis novo (E. Infantil, 1º e 2º de E. Primaria), o luns día 7 tiveron unha sesión de contacontos a cargo da compañía Trinke Trinke coa obra "O ratiño presumido", dentro da oferta de actividades do Concello.

E o venres día 11, un conto musicado "A voar" da Orquestra Cé Pantasma, a pesares da choiva gozarono moito no patio cuberto, bailando e cantando.

A continuación un pequeno resumo destas actividades:

O RATIÑO PRESUMIDO de Entre estrellas que iluminan

A VOAR-ORQUESTRA CÉ PANTASMA de Entre estrellas que iluminan

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Onte, co gallo da celebración do DÍA DA MULLER, a comunidade educativa do Centro levou a cabo un acto no patio, que comezou co reparto de lazos para todos por parte das rapazas de 6º de E.Primaria, logo arredor dunha tea violeta en círculos fómonos colocando todos, mentres dúas rapazas da ESO leron un poema de Carlos Negro e escoitaron cancións, ao remate escoitaron o programa de Radio Mende sobre as pioneiras elixidas en cada aula de Infantil e Primaria, como remate, unha videoconferencia coa axedrecista María Rodrigo Yagues; porque neste centro así como Medra o Horto, tamén medramos Nós no avance pola loita dos dereitos da MULLER E POLA IGUALDADE DAS PERSOAS, e non só hoxe, senón os 365 DÍAS DO ANO.

A continuación un resumo deste día realizado polo Equipo Tic do Centro.

8 DE MARZO 2022 de Entre estrellas que iluminan

8 MARZO-POEMA de Entre estrellas que iluminan

SAÍDA Á AULA DA NATUREZA DO CONCELLO

Hoxe o alumnado de 4º de E. Primaria realizou unha saída á Aula da Natureza do Río Miño do Concello, a unha actividade de aprendizaxe sobre a elaboración de compostaxe, que se solicitou como remate da unidade 3 de Ciencias Naturais sobre as plantas. Así da man de Ignacio A. Nanín e coa organización de Luis Herminio, o alumnado aprendeu como se aproveitan todos os restos, de limpeza e poda das árbores e xardíns dos parques da cidade, para a elaboración de compost e como se realiza este proceso na planta. No remate ademais de agasallarnos cun saco de abono para a nosa horta do cole tamén nos contou como fabricar un composteiro de xeito sinxelo.

Produción de compostaxe de Entre estrellas que iluminan

DESFILE DE ENTROIDO

Este venres o alumnado de E.Infantil e E.Primaria, baixo o lema "Medra a horta de Mende e medramos nós" cos seus froitos e seres mitolóxicos galegos relacionados, desfilaron dende o Centro ata o campo de atletismo e rubby do Campus Universitario, onde bailaron cada grupo coa súa coreografía diante das familias, logo merendaron e bailaron acompañados da charanga Ant-one para logo volver ao Centro cantando e bailando para o deleite do vecindario que sairon a ver e animar.

A continuación dous resumos desta festa, un agasallo da ANPA e outro do noso Equipo TIC.

 

ENTROIDO-ANPA de Entre estrellas que iluminan

ENTROIDO-EQUIPO TIC de Entre estrellas que iluminan

XOVES DE COMADRES

Este xoves, continuando coas celebracións das datas principais do Entroido, o alumnado de Infantil e Primaria 15' antes de entrar ao comedor celebraron o Xoves de Comadres, onde as rapazas correron detrás dos rapaces para collerlles a súa comadre.

A continuación unha mostra desta loita.

xoves de comadres de Entre estrellas que iluminan

23 DE FEBREIRO-DÍA DE ROSALÍA

Este mércores, co gallo da homenaxe ao nacemento de Rosalía de Castro, celebrouse un acto coa participación de todas as etapas do Centro, con varias actividades, presentación do acto pola mesma Rosalía, un manifesto con versos de Rosalía polo alumnado de 6º de E. Primaria, escenificación dunha feira con polbería incluída, a de "Mucha e Nucha", polo alumnado da ESO, o concurso de Camisetas Rosalianas personalizadas co lema "Todos somos Rosalía" coa colaboración das familias, con entrega de premios a todos os participantes e algún especial as máis salientables. Ademais de dous murais que adornaron o centro.

Ao remate do acto emitiuse unha emisión especial de Radio Mende con dúas entrevistas, unha a mesmiña Rosalía e outra a un equipo de axentes "Formigas" defensores da obra de Rosalía e da nosa Lingua.

Pódese ampliar información deste acto no blog de Dinamización Lingüística:

 https://mendefalagalego.blogspot.com/

23 febreiro-ROSALÍA de Entre estrellas que iluminan

DOMINGO CORREDOIRO-LUNS CORREDOIRO

Este Luns o alumnado de E. Infantil e Primaria celebraron o Domingo-Luns Corredoiro, e aquí queda un resumo de como se divertiron e arrancou a semana grande do Entroido.

LUNS CORREDOIRO de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut