Skip to Content


 

POLAS NUBES

Esta exposición de gravados foi inspirada pola charla de Susana Bayo, investigadora na Universidade de Vigo (campus de Ourense), impartida no noso centro en novembro de 2021. Enmárcase na materia de valores éticos, na que estamos especialmente sensibilizados cos valores que defenden a loita contra o cambio climático.

 

 

 

As imaxes representan nubes que foron observadas con moita atención por dous motivos: a súa beleza e a importancia que teñen como compoñentes da atmosfera, esa capa do planeta que tanto nos interesa.Foi un pracer mirar ao lonxe.

Este traballo terá continuidade nunha curtametraxe de próxima estrea mundial, estade atentos!!!

Os artistas foron: Teo Álvarez Vázquez, Arón Cristobo Velasco, Samara Fernández Blanco, Irea Fernández Chapela, Noa Fernández González, Noa González Corral, Breogán Losada Álvarez, Daniela Suárez Menéndez, Jon Taín Piñeiro e César Vaz Codias.

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut