Skip to Content


 

AOS REIS MAGOS NON LLES GUSTAN OS CARAMELOS DE MENTA

A Covid 19, coma outras pandemias ou males sociais, tamén trouxo cousas boas, e unha, relacionada coa educación, foi o pulo que acadaron as tecnoloxías, froito disto chega hoxe esta obra de teatro, nun formato ben distinto ao de costume, nun principio só pensada para emitir en formato audio no espazo Radio Mende, onde xa foi publicada como a 6ª emisión, e escoitada na última semana do trimestre nas aulas. 

Porén este traballo por parte dun grupo do alumnado e as súas familias, das que partiu a iniciativa como aporte coas actividades de Nadal, nas que sempre colaboraron, ben con contacontos ou participando no festival, merecía un recoñecemento especial, dado que dende a elección da obra ata a lectura dramatizada por videoconferencia e posterior montaxe foi creada por: Xoel Losada Álvarez e Valeria López Fernandez de 3º de Primaria, Mario Rodríguez Valencia de 5º de Primaria e Breogán Losada Álvarez de 6º de Primaria, xunto coas súas familias.

MOITAS GRAZAS POR ESTA INICIATIVA E COLABORACIÓN. PARABÉNS!!

Así que a gozar desta obra esta noite, para estar ben preparados agardando os Reis.

E traian o que traian, que sexa para ser un chisquiño máis felices.

QUE SE CUMPRAN TODOS OS DESEXOS E PODER GOZALOS CON SAÚDE!!

 

AOS REIS MAGOS NON LLES GUSTAN OS CARAMELOS DE MENTA - Kizoa Movie Maker


page | by Dr. Radut