Skip to Content


 

TARABELA Nº 11

Coma cada curso por estas datas chega a edición da nosa revista TARABELA, xa imos polo nº 11, nela fóronse recollendo algunhas das actividades ou celebracións nas que o noso alumnado participou, foron unha boa morea por iso na revista só aparecen algunhas, pois tanto nesta web coma nos distintos blog do centro xa se foron publicando no seu momento.

Este curso, igual que os dous últimos por mor da pandemia, só se editarán en papel dous exemplares que quedarán na biblioteca do centro, dado que dende esta ligazón todas e todos podemos acceder a lela ou compartila. Grazas a todas e todos os que a fixeron posible.

TARABELA 2022 de Entre estrellas que iluminan



page | by Dr. Radut