Skip to Content


 

AULA DA NATUREZA

O pasado xoves oito de febreiro o alumnado de 2º da ESO do CPI Jose García García acudiu á Aula da natureza do Miño. Alí forono recibidos por un especialista en castaños que transmitiu nunha interesante charla a importancia desta árbore en Galicia, as súas características biolóxicas, os seus requerimentos e os seus usos e aplicacións.
Ademáis, para rematar, cada alumno tivo a oportunidade de iniciarse na tradicional arte da cestería facendo con cañas e mimbres un pequenos peixes decorativos.
O fin da visita foi moi doce, agasaiáronnos cunha delicatessen autóctona, unha sabrosa castaña glaseada e tamén cunha pequena árbore para que cada rapaz poida plantala contribuíndo así a mellora-lo seu entorno natural.



blog | by Dr. Radut