Skip to Content


 

OS NENOS/AS DE 2º DE PRIMARIA VISITARON O ENTORNO DO CENTRO

O alumnado de 2º de educación primaria realizou unha saída as inmediacións do centro aproveitando a unidade didáctica das plantas na área de coñecemento do medio como centro de interese. A actividade consistiu en facer unha recollida de distintas follas no entorno máis cercano agrupándoas por formas e características e aprendendo a diferencialas e clasificalas rexistrándoas posteriormente nun mural. Deste xeito os nenos entran en contacto co medio natural para afianzar conceptos básicos escapando do abstracto, ademais das vantaxes que nos brinda a posibilidade de interaccionar co mundo físico tanto para entendela importancia do mesmo como de coidalo e aprecialo.

 



blog | by Dr. Radut