Skip to Content


 

Descubrindo as Plantas Carnívoras

 

A titoría de Primeiro B coa súa títora e o seu profe de CC.NN. E os alumnos da Aula Específica coa súa profe-PT e a súa profe-AL fixemos un soleado luns de maña unha visita ao Xardín/Parque Botánico de Montealegre.

 

Fomos recibidos por un responsable que nos introduciu no pouco coñecido mundo desas plantiñas carnivoras que non teñen para nada o tamaño das pelis de terror pero que desenrolan unha estratexias-trampa para poder alimentarse.

 

Aprendemos que viven nun habitat humido e como teñen deficiencias de nutrientes minerais, sobre todo de nitróxeno, precisan dunha achega extra que non poden absorber do solo.Precisan, pois, alimentarse de pequenos insectos.Modifican as súas follas formando trampas, como cuncas donde quedan atrapados porque as plantas xeneran unha especie de ambrosia que lles atrae.Como estan cubertas de pelos adhesivos os bichiños quedan pegados e atrapados.Invariablemente despois segregan encimas dixestivos para diverir as substancias que lles son necesarias. Normalmente absorben as partes brandiñas e rexeitan o resto.

 

Un paseiño polo parque até a Cruz Alta foi o remate dunha visita que nos abriu os ollos a un universo fascinante

Preme na flor para ir a galería de fotos  

 



blog | by Dr. Radut