Skip to Content


 

AQUOLOXÍA

Os nosos alumnos/as de 3º e 4º visitaron a ETAP o dóa 11 de abril como actividade complementaria á charla que tiveron no colexio sobre aquoloxía.

A actividade céntrase na visita guiada á Estación de Tratamento de Augas Potables (ETAP) na cidade de Ourense, onde se lles dará aos escolares unha explicación previa, a través dun soporte didáctico, do proceso que van ver: a Potabilización.

 Despois os operarios da planta porán a funcionar un filtro para que os escolares vexan en directo a limpeza desta, ademáis de estaren sempre dispoñibles para resolver as dúbidas que puidesen xurdir.

As fotos son o fiel reflexo do ben que o pasaron.

 



blog | by Dr. Radut