Skip to Content


 

CELEBRACIÓN DÍA DA ÁRBORE 2024

O pasado venres, 22 de marzo de 2024, o alumnado de Infantil e Primaria celebraron o Día da Árbore e o remate de trimestre cunha Gymkana de xogos con materiais de refugallo, co gallo de seguir acadando os obxectivos da liña temática deste curso, "Mendelianos ao rescate", para salvar o noso entorno e o planeta.

A continuación un resumo:

CELEBRACIÓN DÍA DA ÁRBORE 2024 de Entre estrellas que iluminan

FAMILIAS 4º DE E. PRIMARIA NA ESCOLA

FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA: ROBÓTICA CON LEGOS PARA 3º CICLO PRIMARIA

O alumnado do 3º Ciclo de E. Primaria, o pasado martes 19 de marzo, participou en dúas sesión de formación en robótica, creando máquinas con legos a través de Robotix e a súa metodoloxía baseada nas 4 C's (connect, construct, contemplate, continue), dirixindo esta formación o seu director Manuel e a monitora Susana.

A continuación un resumo:

XORNADA FORMACIÓN de Entre estrellas que iluminan

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA GALICIA: INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

 

ABERTO PRAZO PARA SOLICITUDE DE BECAS MEC

Dende o 19 de marzo ata o 10 de maio o alumnado de estudos Postobrigatorios xa pode solicitar a súa beca para o vindeiro curso 2024-2025.

Na web que se indica e nos arquivos adxuntos poden atopar máis información. 

Solicitude Becas MEC de Entre estrellas que iluminan

O BO DE IMPLICAR ÓS NOSOS FILLOS NAS TAREFAS DO FOGAR

(PREMER NA FOTO PARA MÁIS INFORMACIÓN)

 

 

PROGRAMA PARA A CELEBRACIÓN DA SEMANA DA HISTORIA

PROXECTO "ME GUSTA MI RÍO"-1ª SAÍDA AO RÍO MIÑO

O pasado martes, día 12 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou a 1ª saída ao río Miño para comezar a súa aprendizaxe sobre o río, o seu entorno e o seu coidado.

A continuación unha mostra:

 

1ª saída ao río de Entre estrellas que iluminan

OBRADOIRO BIBLIOTECA CREATIVA CON PABLO OTERO

O pasado xoves, 29 de febreiro, o alumnado de 6º de E. Primaria e 4º ESO C recibiu un obradoiro de Biblioteca Creativa, a cargo do Ilustrador e Escritor, Pablo Otero, na aula de plástica do centro.

Toda unha experiencia creativa interetapas, moitas grazas Pablo Otero.

1ª FORMACIÓN DA B. CREATIVA de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut