Skip to Content


 

Infantil

A oferta educativa do C.P.I. Plurilingüe José García García

 

A OFERTA EDUCATIVA DO NOSO CENTRO

(premer nos adxuntos)

A POLICÍA VISITOU MENDE

O alumnado de Infantil disfrutou dunha xornada de familiarización coa Policía Nacional, onde poideron ver as funcións da Policía, así como os instrumentos que utilizan, os coches, etc.

 

 

Pincha nas imaxes para aceder á galería, onde atoparás máis fotos da actividade

EN EDUCACIÓN INFANTIL É IMPORTANTE APRENDER A XOGAR

O xogo simbólico é unha experiencia vital da infancia que posibilita transformar, crear outros  mundos, vivir outras vidas, xogar a ser outros/ as e así saber que existen formas de pensar e sentir diferentes á propia. Destaca pola súa importancia no desenrolo do neno/a , xa que o neno/a representa mental e mímicamente unha realidade que plasma según o seu desexo e necesidade. En definitiva permite expresar os seus sentimentos. Efectos todos eles beneficiosos que se triplican cando o xogo simbólico utilizase dentro das aulas escolares como método de traballo , algo que se fai desde sempre no CPI José García dentro da etapa de Educación Infantil.

   

AS NOVAS TECNOLOXÍAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

As novas tecnoloxías e máis concretamente o ordenador, empezou a formar parte cada vez máis das nosas  vidas e cada vez de forma máis temperá.

É moito máis fácil nestas idades xa que os nenos/as teñen cada día máis cercano a visualización do traballo cos ordenadores

A escola polo tanto debe destinar parte da educación a introducir ao alumnado no coñecemento e uso destas tecnoloxías, programando actividades relacionados co uso dos ordenadores para que aprendan progresivamente a utilizalos e valorar a súa utilidade.

 No noso Centro aparte de que os alumnos/as utilizan o ordenador na propia aula destinan unha hora  semanal para subir á aula de informática para traballar diferentes contidos relacionados coas diferentes unidades didácticas.

Nas fotos adxuntas observaredes do que estamos a falar.


OS NENOS/AS DE INFANTIL APRENDEN A SER PINTORES

A educación plástica posibilita o desenrolo das capacidades do neno/a porque é un proceso formativo que proporciona :

- Experiencias cognitivas

- Perceptivas, emocionais e estéticas

A importancia destas actividades radica en que permite a expresión espontánea dos pensamentos e emocións posibilitando a reconstrucción das súas experiencias polo que supón un importantes aspecto do desenrolo como persoa.

Nas fotos que adxuntamos vemos a utilización do pincel a través da unidade didáctica da primavera .

 

Mirade que artistas!


EN E. INFANTIL FOMENTAMOS UNHA ALIMENTACIÓN SAÚDABLE

É importante crear hábitos saúdables  nos nenos/as ; por iso nas aulas de educación infantil do noso centro temos “ á hora da merendola” , na que os alumnos/as antes de saír ao recreo despois de lavar as máns,  comen dentro da aula diferentes alimentos que traen das súas casas ( previamente recomendados  como froitas, bocatas…..fomentando a ser posible que se esquezan de productos de bollería industrial, lambetadas…. O profesor/a dirixe esta actividade en coordinación coas pais/nais comentandolle aos nenos/as diferentes aspectos relacionados co menú de cada día, elaborando un calendario alimenticio semanal.

 

OS REIS MAGOS CHEGARON A MENDE

O primeiro día do curso, os nenos de infantil abren os agasallos que lles deixaron os Reis Magos no Centro.

 

PROGRAMACIÓNS INFANTIL

Distribuir contido


by Dr. Radut