Skip to Content


 

Alumnado

RECEITAS DE OUTONO

O alumnado de E. Infantil e Primaria xunto coas súas familias crearon vídeos titoriais con receitas de outono que o Equipo de Biblioteca recolleu na seguinte presentación. Parabéns a todos e moitas grazas pola colaboración.


RECEITAS DE OUTONO - Kizoa Movie Maker

PREMIO AO LECTOR QUE MAIS VISITOU Á BIBLIOTECA

TARABELA Nº 10

 

(PREMER ENRIBA PARA VER A REVISTA)

 

 !Estamos de aniversario!

A nosa Tarabela xa ten unha década e que mellor forma de celebralo que lendo os mellores artigos do que foi este ano escolar 2020-2021, onde a pesar das dificultades todos disfrutamos dos pequenos-grandes momentos.

DISFRUTADE DO VERÁN

 

 

PRIMEIRO PREMIO DO V CONCURSO LITERARIO INFANTIL E XUVENIL SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

O pasado día 15 de xuño foi anunciado o resultado do V Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre protección de datos do 2021 convocado polo Colexio Profesional de Enxeraría en Informática de Galicia e a Xunta de Galicia (CPEIG), e no xornal La Voz de Galicia, ao que presentaron traballos alumnado de 5º e 6º de E. Primaria, resultando gañadora na súa categoría a alumna deste centro Úrsula Pérez Ucha, co seu traballo "A historia das filloa máis raras do mundo". 

E hoxe, cun inmellorable remate de curso escolar, recibiu o seu premio (que chegou a última hora de onte ao centro) xunto coa directora do Centro, Ánxeles López Cortiñas,  e o seu titor, Luis González, unha tableta para ela e un Kit de robótica para a aula. PARABÉNS!!

CONCURSO LITERARIO PROMETEO 2021 DA ONCE

Como cada ano dende a ONCE convocan o concurso PROMETEO nas categorías de: Audiovisual, Literaria e Musical. Do centro presentaron traballo dous alumnos con capacidades diversas dos cursos 1º e 3º da ESO, Lucas e Marcial, respectivamente, na categoría Literaria, polo que recibiron premio á Participación e Mención especial, co conto "Mateo y el mundo de los videojuegos"

MOITOS PARABÉNS!!

*Premendo na imaxe pódese ler o conto

CONCURSO BOOKFACE

 

Con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril, a Biblioteca en colaboración co Departamento de Dinamización Lingüística do colexio, convocou un orixinal concurso de fotografía, no  que o alumnado tiña que mimetizar a portada dun libro con algunha parte do seu corpo, de maneira que fose unha prolongación do mesmo. O resultado foi espectacular.

Compartimos con todos esta bonita composición, felicitando a todo os participantes e agradecendo a sua colaboración.

Noraboa rapazas e rapaces!

(PREMER ENRIBA)

DÍA DAS LETRAS GALEGAS- XELA ARIAS

 

 

O CENTRO CELEBROU O DÍAS DAS LETRAS GALEGAS CON VARIAS ACTIVIDADES

ADICADAS A XELA ARIAS. UNHA DELAS FOI A LECTURA DE POEMAS DE XELA

POR ALUMNADO DE 1º ESO, MUSICADOS E INTERPRETADOS A GUITARRA ELÉCTRICA POR

HUGO DANIEL

FERREIRA E O PROFESOR JORGE CARRACEDO.

 

VÍDEO DA ACTUACIÓN

(PREMER ENRIBA DA FOTO SUPERIOR)

CONCURSO DE CAMISETAS LETRAS GALEGAS 2021 CPI MENDE

 

Propoñemos á comunidade educativa participar na votación que dará o premio do público á imaxe máis axeitada para usar na camiseta que celebre o día das Letras Galegas. As imaxes están elaboradas por alumnas e alumnos de 4 ESO do noso centro, coa participación do equipo de dinamización lingüística, a biblioteca, o departamento de galego, o departamento de plástica e a colaboración do profesor Daniel Pousa.

 

ENLACE: https://forms.gle/2rteEwFCX1FfeJEP7

 

 

Adxuntamos un audio de Xela Arias dun poema do libro "Intemperiome"

 

CONCURSO SECUNDARIA POESÍA VISUAL

 

 Xa está a punto de saír o gañador do concurso de Poesía Visual

de Secundaria. ¡Moita sorte!

 

UNHA MAÑÁ DE PÁDEL CO ALUMNADO DE 4º DA ESO

Da man do profesor Borja Leivas, todos os estudantes de 4º tomaron contacto cunha actividade que se pode practidar en Oira, preto do noso Colexio. Tras recibir varias clases de iniciación nas clases de EF, tod@s, profes e estudantes, participamos intensamente da xornada de pádel e a camiñata de volta. Ninguén quería marchar!!

 Vídeo de Jorge Carracedo e fotos de Hugo Daniel Ferreira de 4B.

Os docentes e a coidadora mostrando o estilazo adquirido

Distribuir contido


by Dr. Radut