Sección Bilingüe 3º ESO

Xeometría

Materiais para o estudo da xeometría en 3º ESO bilingüe

Están a disposición de todo o mundo cinco arquivos con actividades para traballar a xeometría de 3º ESO bilingüe. Son froito do traballo conxunto de Marga Losada e José Antonio Carpente durante a Fase C da convocatoria PALE 2009. Dous arquivos están comprimidos e conteñen actividades LIM (Libros Interactivos Multimedia). Para acceder ás actividades, crear no disco duro un cartafol para cada unha, descomprimir os arquivos no cartafol creado e abrir o arquivo "Firefox Document" que aparece ó descomprimir. É necesario ter instalados o navegador Mozilla Firefox e o Flash Player para visionar arquivos Flash. Os outros tres son arquivos con extensión "notebook" para traballar coa pizarra dixital SMART. Os arquivos están aloxados nas aulas virtuais Moodle do IES  de Fene. Para acceder a eles premer nesta ligazón e entrar como convidado. 

Matemáticas 3º ESO (Sección bilingüe)

Aquí poderanse ver e descargar contidos

Distribuir contido