Skip to Content

Tecnoloxía

Makers inclusivos

   

     Alumnado do Sofía Casanova está presente este ano na Maker Faire de Galicia pola súa participación no proxecto de Talentos Inclusivos.

    Talentos Inclusivos, desenvolvido conxuntamente polo CITIC da Universidade da Coruña, ASPACE Coruña e centros de ensino secundario, pretende espertar vocacións STEM entre a xuventude e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos propostos por persoas con parálise cerebral. No noso caso, Gloria Murcia Hermida, Iago Grandal del Río, David Gutiérrez Fernández e David Parga Torrente, estudantes de 1º de bacharelato do STEMBach ou de TIC I, aceptaron o reto de adaptar videoxogos clásicos como o Pong ou o Pacman para o seu uso por persoas con parálise cerebral, creando tanto a programación como os pulsadores necesarios.

Unha autoestrada detrás do enchufe, 4º ESO

   

    O alumnado de 4º de ESO de Bioloxía e Tecnoloxía asistiron o pasado 11 de marzo á exposición interactiva "Unha autoestrada detrás do enchufe".

    Esta visita gratuíta estaba organizada por REE en Palexco, A Coruña. O alumnado descubriu como funciona e se xestiona un sistema eléctrico a partir de tres ideas centrais: que é a electricidade, como se transporta e como se consume.

Visita a Pull and Bear

   

   O 28 de febreiro o alumnado de Tecnoloxía Industrial I e Robótica visitou as instalacións centrais de Pull and Bear no Polígono do Río do Pozo en Narón.

        Nesta visita:
   - comprobou como funciona o centro de loxística, pois dende alí o grupo distribue os seus artigos de muller a todo o mundo e
   - coñeceu a súa sede ecoeficiente, onde realiza dende o diseño ata a comercialización dos artigos que vende (patronaxe, compras, e-commerce, tenda piloto...)

Alumnado do STEMbach sintetiza o principio activo dun medicamento

         O venres 21 de febreiro alumnado de Stembach xunto con alumnado de Química de 1º de Bach A e B foron “Químicos por un día”: elaboraron o principio activo dun medicamento para o Parkinson, no “Laboratorio Aberto” da Domus.

Unha autoestrada detrás do enchufe

         O 13 de febreiro o alumnado de 3 de ESO asistíu á exposición interactiva "Unha autoestrada detrás do enchufe". Esta visita gratuita, xestionada polo Departamento de Tecnoloxía estaba organizada por REE en Palexco, A Coruña. Nesta exposición o alumnado descubriu como funciona e se xestiona un sistema eléctrico a partir de tres ideas centrais: que é a electricidade, como se transporta e como se consume

II Olimpíada de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos

        Alumnado de 2º ESO participou na II Olimpíada de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos onde tiveron que superar probas como construir un arco de dovelas, unha ponte de Leonardo,  construcción de pontes a través dun videoxogo, proba de loxística (transporte de contedores cun camión teledirixido), construcción dunha presa con materiais soltos e crebacabezas de distintas obras de inxeñería.  

Viaxe a Kuopio

   

    Alumnado e profesorado do IES Sofía Casanova, CPI A Xunqueira e CPI San Sadurniño viaxou a Kuopio, do 10 ao 14 de febreiro. Esta foi a última mobilidade do ERASMUS + Robot Dance que despois de 3 anos, está a piques de rematar.
    Esta vez poidemos visitar centros educativos fineses e practicar robótica ademais de practicar actividades de neve. Foi unha experiencia fantástica chea de oportunidades para todos nós.
    Grazas ao CFR de Ferrol por organizar este proxecto que tanto nos aportou.

                 Podedes ver fotos na nosa conta de Instagran

Alumnado e profesorado do IES Sofía Casanova visita Cardiff

 

   Do 27 ao 31 de xaneiro, alumnado e profesorado do IES Sofía Casanova viaxou a Cardiff dentro do proxecto europeo no que está a participar o centro, Erasmus +. Robot dance.
    Alí poidemos visitar o Bishop Walsh Catholic School e participar en varios obradoiros de robótica.
    Con nós viaxou alumnado e profesorado de CPI A Xunqueira e CPI San Sadurniño. Moitas grazas ao CFR de Ferrol por darnos está oportunidade.

     Podedes ver fotos da viaxe na conta de Instagram sofia_club_ciencia

Distribuir contido


by Dr. Radut