Skip to Content

Tecnoloxía

Hospital de Robots. FPinnova

   

    Unha representación do alumnado de Robótica estivo na FPinnova que se celebrou a primeira semana de maio na Cidade da Cultura.

    O alumnado de Robótica participa no Proxecto Hospital de Robots do CIFP Ferrolterra, nel están a montar un robot, a “disfrazalo” deseñando e imprimindo coa impresora 3D e tamén teñen que impartir uns obradoiros do manexo do robot.

Visita ós talleres do CIFP Ferrolterra

        O día 29 de abril, os alumnos de 4°ESO C e de 3° PMAR visitaron os talleres do CIFP Ferrolterra. Esta actividade foi organizada polos departamentos de Orientación e Tecnoloxía.

GenTech

   

    O alumnado de primeiro de bacharelato do centro asistíu á charla “Descobre o teu GenTech” impartido pola empresa Altia.

    Nesta animada e amena charla os poñentes intentaban axudar ós rapaces a descubrir o seu xene tecnolóxico con diversas cuestións e amosando varios exemplos.

ERASMUS+: ROBOT DANCE do Sofía Casanova en Finlandia

   

     A primeira semana de Abril celebrouse en Kuopio, Finlandia, unha nova reunión de formación do Proxecto ERASMUS+: ROBOT DANCE no que o instituto está a participar.

    Durante esta semana un grupo de profesoras do centro mostraron o traballo realizado, visitaron os centros educativos integrados no proxecto e puideron coñecer o funcionamento do sistema de ensinanza finlandés

Prata no II Certame de Robótica da Escola Universitaria Polítécnica de Serantes


 
 

    Varios  alumnos  do IES Sofía Casanova participaron no  II Certame de Robótica da Escola Universitaria Polítécnica de Serantes.

    O equipo Pacadia acadou a prata na categoría de Sumo. 

    Pacadia está formado por Pablo Sánchez, Carlos Cao, Diego Pol e Aldryn Rodríguez Guzmán.

    Pode atoparse máis información sobre o certame en: La Voz de Galicia ;  Galicia Press  e o  Diario de Ferrol.

Visita a Pull & Bear

 

   

    O pasado 8 de marzo, alumnado de Tecnoloxía Industrial I e de Robótica de 1º Bacharelato visitou, acompañado por profesoras do departamento de Tecnoloxía, as instalacións da sede central de Pull & Bear no Polígono Río do Pazo en Narón.

     Nesta visita puideron comprobar como funciona o centro loxístico da marca de Inditex, así como os restantes departamentos de deseño, e-commerce, tenda piloto, control de calidade, etc.

O IES Sofía Casanova en EDUGAL

   

     O IES Sofía Casanova en EDUGAL O pasado 27 de febreiro o IES Sofía Casanova estivo presente en EDUGAL có proxecto "Hospital de Robots - Creación dun robot educativo".

    O Hospital de Robots é un proxecto premiado do CIFP Ferrolterra có que colabora ó departamento de Tecnoloxía, nel o alumnado de Robótica ten que montar o robot educativo e levar a cabo algunha actividade de aplicación ou mellora.

2º premio aos valores First Lego League

   

    O pasado sábado 16 de Febreiro, celebrouse a First Lego League Galicia.

    O noso centro, un ano máis, participou no concurso conseguindo o 2º premio aos valores First Lego League.

    O equipo, representado por alumnado do club de ciencia e da materia de Robótica, traballou a reo e con moitos nervios para defender os seus proxectos e superar os desafíos do robot. Tamén realizaron unha entrevista en directo para a televisión de Galicia na que explican o seu proxecto científico.

    Sodes un gran equipo, parabéns!

Distribuir contido


by Dr. Radut