Skip to Content

Tecnoloxía

STEMlab Galicia

   

     Os alumnos de 4º ESO de Tecnoloxía asistiron o día 20 de abril a STEMlab Galicia, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela).

    Encádrase esta actividade dentro da estratexia dixital Edudixital 2020 da Consellería, que favorece a formación no pensamento computacional, o desenvolvemento de competencias STEM e a resolución de problemas desde a perspectiva maker (xuntando coñecemento técnico, creatividade e innovación).

Concurso MECANO

   

   O día 31 de Outubro os alumnos de robótica presentaron un robot que da de comer ás mascotas aínda que non estés en casa.

  Os distintos institutos presentaron ós seus traballos e posteriormente os organizadores do concurso mostráronlles os talleres e as investigación científicas que están levando a cabo.

Premio 3DMOBILE. Equipo campeón de Galicia

   

     O 20 de Outubro a profesora de Tecnoloxía Eva Leira xunto cos alumnos María Rodriguez e Tomás Losada, recolleron o premio ao EQUIPO CAMPEÓN DE GALICIA DA XUNTA DE GALICIA do concurso de modelado 3D , 3DMOBILE.

     FELICIDADES!!!!!

SEMANA STEM CURSO 17/18

 

    O IES Sofía Casanova foi un dos centros públicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria seleccionado para participar na “Semana STEM” (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

    No noso caso vai dirixido a 25 rapaces de 1º ESO que disfrutrarán na quenda do 19 ao 25 de novembro dun campamento científico.

Concurso MECANO . Escola de Enxeñería

   

    O 11 de Octubre matriculamos ós alumnos de Robótica nun concurso da Escola de Enxeñería. O concurso chámase MECANO.

   Ese día viñeron da universidade dende as 10:30 ata as 14:00, con 5 robots e ordenadores para ensinar aos alumnos e alumnas a programar.

Visita á Escola de Especialidades Antonio Escaño da Armada

   

    O 1O de Outubre, os alumnos de 2º de Bacharelato de tecnoloxía Industrial 2 e Electrotecnia xunto cos alumnos de 1º de Bacherelato de Tecnoloxía Industrial 1, foron convidados a coñecer a Escola de Especialidades Antonio Escaño da Armada que é a escola de especialidades máis grande de España e está en Ferrol.

    Visitáronse todas as instalacións e talleres de electrónica, electricidade, radares, sistemas de control e control de incendios.

Charla de Xavier Alcalá

 

    O pasado xoves, Xavier Alcalá, enxeñeiro de telecomunicacións e escritor, impartiu unha charla ós alumnos de tecnoloxía e robótica do IES Sofía Casanova.
    No trancurso da mesma expuxo ós alumnos o seu traballo e a súa experiencia no campo da tecnoloxía. (Pode verse a exposición nunha gravación en vídeo, feita polos Correspondentes Sofía 3.0, solicitándoa na biblioteca ou no departamento de tecnoloxía).
    Asimesmo fixo unha doazón de máis de cen libros da súa autoria ó instituto.

    O diario de Ferrol faise eco do evento.

 

A materia de Robótica do Sofía na prensa local

 

    Lavozdegalicia, na súa edición local do pasadio día 12, faise eco da materia de robótica do Sofía Casanova e dos exitos que os alumnos de 1º de Bacharelato están acadando cos robos que constrúen.

   Nesta ligazón podes ter acceso a devandita información.

Distribuir contido


by Dr. Radut