Skip to Content

Tecnoloxía

Visita a Pull & Bear

 

   

    O pasado 8 de marzo, alumnado de Tecnoloxía Industrial I e de Robótica de 1º Bacharelato visitou, acompañado por profesoras do departamento de Tecnoloxía, as instalacións da sede central de Pull & Bear no Polígono Río do Pazo en Narón.

     Nesta visita puideron comprobar como funciona o centro loxístico da marca de Inditex, así como os restantes departamentos de deseño, e-commerce, tenda piloto, control de calidade, etc.

O IES Sofía Casanova en EDUGAL

   

     O IES Sofía Casanova en EDUGAL O pasado 27 de febreiro o IES Sofía Casanova estivo presente en EDUGAL có proxecto "Hospital de Robots - Creación dun robot educativo".

    O Hospital de Robots é un proxecto premiado do CIFP Ferrolterra có que colabora ó departamento de Tecnoloxía, nel o alumnado de Robótica ten que montar o robot educativo e levar a cabo algunha actividade de aplicación ou mellora.

2º premio aos valores First Lego League

   

    O pasado sábado 16 de Febreiro, celebrouse a First Lego League Galicia.

    O noso centro, un ano máis, participou no concurso conseguindo o 2º premio aos valores First Lego League.

    O equipo, representado por alumnado do club de ciencia e da materia de Robótica, traballou a reo e con moitos nervios para defender os seus proxectos e superar os desafíos do robot. Tamén realizaron unha entrevista en directo para a televisión de Galicia na que explican o seu proxecto científico.

    Sodes un gran equipo, parabéns!

Exposición sobre enerxías e recursos minerais

 

    Ata o xoves pode verse na planta baixa, entre os dous patios, unha exposición sobre enerxías e recursos minerais.

    A citada exposición foi cedida pola pola Escola de Enxeñería de Minas de Vigo, no marco dunha actividade organizada polo departamento de Tecnoloxía.

Visita a Sotavento

 

 

 

    Este mércores 6 de febreiro, o alumnado de 3º ESO visitou o Parque Eólico Experimental de Sotavento.

    A visita estivo xestionada polo departamento de Tecnoloxía e estiveron acompañados por profesorado de Tecnoloxía e Xeografía e Historia.
    Alí puideron coñecer o funcionamento dun aeroxerador, o concepto de vivenda bioclimática, diferentes formas de aforro enerxético e os tipos de enerxía renovables que hai.

Visita ao laboratorio de ensaios de materiais da UDC

   

   Este luns 21 de xaneiro o alumnado de Tecnoloxía Industrial I visitou o laboratorio de ensaios de materias da UDC no campus de Esteiro.

    Nesta visita observaron e realizaron eles mesmos diferentes ensaios de diversos materiais, como os de tracción, dureza e resiliencia.

Concurso de Prototipos

   

    O pasado 25 de outubro, outro ano máis, os alumnos de Tecnoloxía de Bacharelato (Tecnoloxía Industrial I e II), Robótica e Electrotecnia participaron no Concurso de Prototipos organizado por Javier Cuadrado na Politécnica.
     Este ano o desafío consistía en realizar un "prototipo" con un motor eléctrico alimentado cunha pila de 4,5V que tiña que sobrepasar unha caixa de bombóns Nestlé de 44 unidades situada no medio do percorrido.
   Foi unha experiencia moi gratificante na que os nosos alumnos competiron en igualdade cos alumnos de Tecnoloxía Mecánica, unha materia de terceiro curso de Enxeñería Mecánica. Algúns equipos do noso centro tiveron unha actuación destacada e superaron o reto con facilidade. Despois visitaron o Laboratorio de Mecánica da Universidade para coñecer as súas liñas de traballo.
    La Voz de Galicia (Ferrol) dá conta da experiencia.

Formación para alumnado do Proxecto Erasmus+ Robot Dance

   

   No marco do Erasmus+, no que o centro IES Sofía Casanova participa no Proxecto Robot Dance 2017-2020. Alumnado, con profesorado acompañante, de Gales e Finlandia estiveron o luns 8 de outubro no noso centro para compartir connosco toda una xornada, na que aprenderon como os nosos alumnos empregan o Lego Mindstorms EV3.

    En días posteriores, o alumnado participante do noso centro puido disfrutar cos seus colegas europeos dun paseo en Lancha pola Ría, así como dunha Masterclass de programación de robots de Lego na UDC impartido por profesorado universitario.

    Resultaron unhas experiencias moi enriquecedoras para o alumnado e profesorado participante.

Distribuir contido


by Dr. Radut