Skip to Content


 

Orientación Pais/Nais

SAIDA LUDICO-DIDACTICA DOS ALUMNOS DA UNIDADE ESPECÍFICA

Alumn@s con discapacidade funcional da Unidade Específica do CPI "José García García"  de Mende (Ourense) fixeron o xoves pola mañán unha saída lúdico-didáctica visitando o centro comercial de Mercadona e as ribeiras do rio Loña a onde chegaron camiñando dende o colexio. Foron acompañados por Marisol, Marián e Susana, profesoras e coidadora do centro. Esta saída enmárcase dentro do Plan de Atención á Diversidade do centro.


CONVOCATORIA PLAZAS C.R.D. CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE OURENSE CURSO 12-13

Convócanse prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias no curso académico 2012/2013.

PRAZO: Ata o 8 de xuño do 2012.

SOLICITUDES: Entréganse nos propios Centros Residenciais Docentes

 



Información sobre os Centros Residencias Docentes




CHARLA COLOQUIO DE ALCÓLICOS ANÓNIMOS DE OURENSE

CHARLA-COLOQUIO

      

 

ALCÓLICOS ANÓNIMOS

 

HOXE VENRES TIVO LUGAR NO NOSO CENTRO, COMA TÓDOLOS ANOS, UNHA CHARLA-COLOQUIO IMPARTIDA POR MEMBROS DO "GRUPO 24 HORAS DE ALCÓLICOS ANÓNIMOS DE OURENSE".

ESTAS CHARLAS FORMAN PARTE DO "PROGRAMA DE SAÚDE" DO PLAN DE ACCION TITORIAL DO CENTRO E ESTAN ORGANIZADAS POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. O SEU OBXECTIVO É CONCIENCIAR AOS MOZOS E MOZAS SOBRE AS CONSECUENCIAS PERSOAIS, E SOCIAIS DO CONSUMO DE ALCOL A TRAVÉS DE PERSOAS QUE CONTAN AS SÚAS PROPIAS EXPERIENCIAS. A ELA ASISTIRON OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º DA ESO.

 


CURSO DE FORMACION DO PROFESORADO: SISTEMA DE COMUNICACION ALTERNATIVO GRID 2

  

      

             CURSO INICIACIÓN    GRID 2


Profesores do Centro Público Integrado ”José García García” de Mende (Ourense) reciben formación especializada sobre Sistemas Alternativos de Comunicación de soporte informático a través dun grupo de traballo organizado polo Departamento de Orientación do Centro e coa colaboración do CFR (Centro de Formación do Profesorado) de Ourense e a Empresa BJ Adaptaciones de Barcelona.


Este curso céntrase na aprendizaxe do uso do Programa Grid 2, unha ferramenta dinámica informatizada  que permite comunicación alternativa á comunicación oral para persoas con algún tipo de dificultades da fala, Parálise Cerebral, etc.


Grid 2 permite o acceso ao ordenador mediante pantalla táctil, teclado, calquera tipo de rato, especialmente de cabeza ou mirada, e tamén mediante conmutadores. Este programa é, á sua vez unha excelente ferramente de acceso ao ordenador para o control de Windows e calquera aplicación. Permite tamén de forma integrada e simplificada o envío de e-mail, SMS, control de Skype, reproducción multimedia, navegación por Internet, control do entorno, etc.


O Grid 2 esta xa a ser utilizado por varios alumnos do centro como un sistema de comunicación alternativa.

 


OBRADOIRO "IMAXE CORPORAL E SEXUALIDADE" PARA ALUMN@S DE 3º DE ESO

Organizado polo Departamento de Orientación do centro vénse de celebrar un OBRADOIRO sobre  "IMAXE CORPORAL E SEXUALIDADE", impartido por Laura López, Técnica do Centro "Quérote +" da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Este Obradoiro diríxese aos estudantes de 3º da ESO e ten como obxectivo informar e asesorar ao alumnado deste centro sobre as relacións afectivo-sexuais na etapa da adolescencia e a imaxe corporal que rapaces e rapazas teñen do seu propio corpo nesta etapa tan fundamental para o seu desenvolvemento emocional futuro.





 

OBRADOIRO "CONVIVINDO NAS REDES SOCIAIS" PARA ALUMNOS DE 2º DE ESO

OBRADOIRO DE "QUÉROTE + " : "CONVIVINDO NAS REDES SOCIAIS"

 

Organizado polo Departamento de Orientación do C.P.I. de Mende, e impartidos por Laura López, Técnica do Centro "Quérote +" da Area de Xuventude da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, tivo lugar o Xoves un obradoiro para @s alumn@s de 2º da ESO, titulado "Convivindo nas redes sociáis", onde se lles ensina a facer un uso correcto e responsable destas ferramentas, ligadas ás novas tecnoloxías da información e a comunicación.

Estes Obradoiros forman parte do Plan de Acción Titorial para os alumn@s da ESO

 



ALUMNOS DE 4º ESO VISITAN O IES 12 DE OCTUBRO E O CIFP PORTOVELLO

 

 

Os alumnos e alumnas do C.P.I."José García" visitaron hoxe o IES 12 de Octubro e o Centro Integrado de Formación Profesional Portovello de Ourense. Esta visita forma parte do Plan de Orientación Académica e Profesional do Centro e ten como obxectivo que as alumnas e alumnos de 4º da ESO coñezan as alternativas académicas e profesionais ao remate do ESO.

De seguido faise ligazón cas páxinas web de ambolosdous centros visitados.

IES 12 DE OCTUBRO

CENTRO INTEGRADO DE FP PORTOVELLO

 


CONVOCATORIA PROBA CICLOS FORMATIVOS DE FORMACION PROFESIONAL 2012

Información xeral das probas de acceso a CICLOS FORMATIVOS de grao medio

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG do 19 de xaneiro de 2012 a resolución pola que se convocan para o ano 2012 as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo, de acordo co establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

INFORMACION XERAL

NOTA INFORMATIVA

Na seguinte ligazón pódese consultar o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.

- Calendario das probas de acceso

INFÓRMATE NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACION

1 DE NADAL: DIA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA SIDA


Cada 1 de decembro, Día Mundial de Loita Contra a SIDA, persoas de todo o mundo suman esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia. Este evento brinda a todos/as unha das oportunidades máis claras para dar a coñecer a situación actual sobre o tema  e impulsar avances en materia de prevención, tratamento e atención aos posibles afectados/as nos países con elevada prevalencia e tamén no resto do mundo.

MATERIAIS PARA O PROFESORADO 1

MATERIAIS PARA O PROFESORADO 2

VIDEO

ORIENTACIONS PARA PAIS E NAIS CON FILL@S ADOLESCENTES

Orientacións para pais/nais con fillos adolescentes

 

ADOLESCENTES GUIA

GUIA PADRES DE ADOLESCENTES

Distribuir contido


by Dr. Radut