Skip to Content


 

Orientación Pais/Nais

VISITA A CENTROS DE BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL ALUMNOS 4º ESO

VISITA A CENTROS DE BACHARELATO E FP

Os alumnos e alumnas do CPI de Mende visitaron onte os Centros IES 12 de Octubro e CIFP A Farixa. Estas visitas forman parte do Programa de Orientación Académica e Profesional que se leva a cabo cos alumnos de 4º da ESO. O seu obxectivo é que o alumnado teña unha visión de primeira man dos centros onde pode continuar os seus estudos ao rematar a ESO e coñecer de preto tanto o Bacharelato como os Ciclos Formativos de Formación Profesional, Nos citados centros informouse ao alumnos de cales son as modalidades de Bacharelato e Familias Profesionais que se imparten neles.

 


IES 12 DE OCTUBRO

CIFP A FARIXA

 



OBRADOIRO SOBRE O ALCOHOL PARA ALUMNOS DE 4º DA ESO

CO ALCOHOL DEIXAS DE SER LIBRE

Dentro do Programa de "Conductas aditivas : descubrindo e educando na sua realidade" que a Consellería de Sanidade está realizando nos centros escolares de Galicia, o pasado 31 de Xaneiro levouse a cabo o "OBRADOIRO SOBRE O ALCOHOL" para o alumnado de 4º da ESO no C.P.I. José Garcia de Mende.

O obradoiro ten como obxectivo informar e concienciar ao alumnado sobre os perigos do alcohol para que tomen decisións responsables cando se enfronten a este tipo de conductas que comezan cada vez a idades mais temperás.

Este obradoiro foi impartido por unha Especialista da Conselleria de Sanidade da Xunta de Galicia e organizado polos Departamentos de Orientación e Actividades Extraescolares

 


ALUMNOS DE 3º DE ESO PARTICIPAN NO DEBATE "FALEMOS DE DROGAS" NO AUDITORIO

 

 

              Alumnos de 3º de ESO                                                                                                        DR.Rafael Maldonado

O pasado mércores, 23 de xaneiro, os alumnos de 3º da Eso do CPI “José García García”  participaron no debate sobre as drogas que tivo lugar no Auditorio de Ourense dentro do Programa “Falemos de drogas” patrocinado pola Fundación La Caixa e o Concello de Ourense.

A este debate, que era continuación da Exposición que tivo lugar durante o mes de Nadal nunha carpa da Fundación La Caixa na Alameda de Ourense, aistiron mais de 400 alumnos participantes no Programa e o seu obxectivo é previr, informar e sensibilizar sobre os efectos do consumo de drogas.

O debate foi coordinado polo Catedrático de Farmacoloxía, médico e investigador de renome internacional  na prevención da drogadicción,  Dr. Rafael Maldonado.

Os alumnos e profesores participantes fixeron preguntas ao ponente sobre distintas cuestión relacionadas coa adicción ás drogas.

Esta actividade foi organizada polos Departamentos de Orientación e Actividades Complementarias do CPI de Mende e coa colaboración dos titores de 3º da Eso e de 5º e 6º de Primaria.

Na seguinte Ligazón pódese consultar información e actividades relacionadas con este Programa “Falemos de drogas”:

PÁXINA WEB DO PROGRAMA  ” FALEMOS DE DROGAS” DA FUNDACION LA CAIXA

 


INFORMACION GRAOS UNIVERSITARIOS GALICIA

 

NO SEGUINTE ENLACE, DO IES ALEXANDRE BOVEDA, PODERAS ATOPAR INFORMACIÓN ACTUALIZADA SOBRE O GRAOS IMPARTIDOS NO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO, CLASIFICADOS POR RAMAS E COAS MATERIAS DE MODALIDADE PREFERENTES COAS PUNTUACIÓNS PONDERADAS QUE MAIS PUNTUAN NA SELECTIVIDADE, ASÍ COMO COAS NOTAS DE CORTE DO ULTIMO CURSO NAS DISTINTAS UNIVERSIDADES.ESTA INFORMACIÓN É VALIDA PARA O CURSO 12-13

LIGAZON AO PDF IES ALEXANDRE BOVEDA

OBRADOIRO SOBRE CONDUCTAS ADITIVAS: O TABACO

OBRADOIRO SOBRE O TABACO E OUTRAS DROGAS

PARA ALUMNOS DE 4º DE ESO

Dentro do Plan de Acción Titorial e do ámbito da Educación para a Saúde escomenzamos o pasado sábado un ciclo de Obradoiros (1 por Trimestre)  sobre conductas aditivas na adolescencia, para alumnos de 4º da ESO. O obradoiro tratou a problemática do tabaco, así como doutras drogas nas que algúns xoves se inician descoñecendo os seus efectos. Este Obradoiro foi impartido por José Luis González, Tècnico e Inspector de Sanidade da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e estivo organizado polos Departamentos de Orientación e Actividades Extraescolares e Complementarias do CPI de Mende. Terá continuidade durante o 2º e 3º trimestre con outros dous obradoiros sobre a temática do alcohol e a adicción ás novas tecnoloxías (móbiles, Internet, redes sociais...)

 


VISITA Á EXPOSICIÓN FALEMOS DE DROGAS DE "LA CAIXA"

VISITA Á EXPOSICION FALEMOS DE DROGAS

  

 

A obra social LA CAIXA e a Concellería de Sanidade do Concello de    Ourense organizan entre os días 7 de novembro e 9 de nadal  unha exposición interactiva sobre a prevención e riscos dos usos das drogas.

Esta actividade  foi visitada recentemente  polo alumnado e titores de 3º da Eso e 3º Ciclo de Primaria  do noso centro Organizada polos Departamentos de Orientación e Actividades Extraescolares e Complementarias.

A exposición ten como obxectivo proporcionar ferramentas  eficaces e información actualizada para desenvolver una actitude crítica ante as drogas e poder tomar decisión responsables.

A través de innovadores módulos interactivos e audiovisuais, descubrimos os efectos do consumo de drogas sobre o cerebro, a saúde e o comportamento, así como o seu impacto na sociedade

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN, podedes ollar os enlaces seguintes:

Cartafol da Exposición

Visita virtual: http://www.hablemosdedrogas.org/exposicion/

 


DOCUMENTO: APRENDAMOS SOBRE SEXO

APRENDAMOS SOBRE SEXUALIDADE

Tomado de Educarex (Junta de Extremadura)


 

PODES ENTRAR NESTE TITORIAL PINCHANDO AQUÍ


PARTICIPACION NO PROGRAMA DE CINENSINO

EDUCACION DE VALORES

Como todos os anos os alumnos e alumnas de 2º da ESO participan este curso no Programa de Cinensino, un programa

de Educación en Valores para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos adictivos e comportamentais no eido escolar a través dos medios audiovisuais e as TIC. “CINENSINO” englóbase dentro do contexto de Educación para a Saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo.

Este Programa forma parte do Plan de Acción Titorial e esta organizado polo Departamento de Orientación do centro.Colabora a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense.

A proxección da primeira película deste curso tivo lugar o dia 30 de Octubro no Auditorio Municipal de Ourense onde os alumnos e alumnas do noso centro visionaron o film "Intocable".



INTOCABLE  

115 min  

Eric Toledano y Olivier Nakache, Francia, estreada en España en 2012  

Tras un accidente de parapente, Philippe, un rico aristócrata, contrata a Driss como asistente e coidador, un mozo procedente dun barrio de vivendas públicas que saíu recentemente de prisión -noutras palabras, a persoa menos indicada para o traballo-. Xuntos van mesturar a Vivaldi e “Earth, Wind & Fire”, a dicción elegante e a xerga rueira, os traxes e os pantalóns de chándal. Dous mundos van chocar e van ter que entenderse mutuamente para dar lugar a unha amizade tan demencial, cómica e sólida como inesperada, unha relación singular que xera enerxía e fainos: intocables!

 


 

 

 

RECURSOS PARA O ESTUDO DO C.E.I.P. NUESTRA SRA. DE LORETO

RECURSOS PARA INFANTIL,PRIMARIA E 1º ESO

NA PÁXINA WEB DO "C.E.I.P. NUESTRA SEÑORA DE LORETO" DE CÓRDOBA PÓDESE CONSULTAR ESTES MAIS DE 10.000 ENLACES A RECURSOS EDUCATIVOS, RELACIONADOS CAS DISTINTAS ÁREAS OU MATERIAS CURRICULARES. ÉSTES ATÓPANSE CLASIFICADOS POR CURSOS, ÁREAS, EDITORIAIS, ETC. E SEN DÚBIDA PODERÁN SERVIR TANTO PARA PROFESORES, ALUMNOS E PAIS E NAIS Á HORA DE ENFRONTAR A EDUCACIÓN DOS SEUS FILLOS E ALUMNOS CON MAIS FACILIDADE, UTILIZANDO PARA ELO AS NOVAS TECNOLOXÍAS.

PREME NA IMAXE PARA ENTRAR

 


CONVOCATORIA 2012-13 CICLOS FORMATIVOS FP

CICLOS FORMATIVOS DE FP 2012-13

INFORMACION PARA @S ALUMN@S DE 4º DE ESO

A FORMACION PROFESIONAL

Mapa oferta de ciclos FP Galicia

INFORMACION, OFERTA,CALENDARIO E IMPRESOS DO PROCESO DE ADMISIÓN

Oferta formativa de FP para o curso 2012-2013.

Normativa que regula o procedemento de admisión para o curso académico 2012-2013

 

DATAS DE  SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Convocatoria xuño:

a) O prazo ordinario será do 18 de xuño ao 2 de xullo, ambos os dous incluídos.

Convocatoria setembro:
b) O prazo extraordinario abranguerá desde o día 3 ao 12 de setembro, ambos os dous
incluídos.

So poden solicitar a admisión aqueles alumn@s que teñan o Título de Graduado na data de solicitude de admisión.

DATAS DE MATRÍCULA:

No prazo abranguido desde o día 17 ao día 19 de xullo ás 13.00 horas deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fose adxudicado.




Distribuir contido


by Dr. Radut