Skip to Content


 

Celebracións no Centro

ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2023 de Entre estrellas que iluminan

CONTO NUN KAMISHIBAI INTERETAPAS

 

Parte do alumnado de 2º ESO A realizou unha representación do conto "El gato sol" nun kamishibai (un teatro xaponés do século XII) para unha audiencia moi especial: o alumnado de 2º de E. Primaria. O contacontos foi todo un éxito e neste terceiro trimestre o alumnado de 2º de E. Primaria van ser os encargados de sorprender aos mariores con outro contacontos.
Como gozamos alumnado e profes destas actividades interetapas!

CELEBRACIÓNS PRIMAVERA

Celebrando a Primavera de Entre estrellas que iluminan

CELEBRACIÓN DO 8 M NO CENTRO

CELEBRACIÓN 8 M de Entre estrellas que iluminan

ACTO CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2023

O pasado xoves, 23 de febreiro, conmemoramos no Centro o Día de Rosalía de Castro, cun pequeno acto no patio, durante o tempo de lecer do alumnado, e logo continuaron co programa xa polas distintas titorías, intercambio de rosas con poema e photocall rosaliano.

A continuación un pequeno resumo:

23 DE FEBREIRO 2023 ACTO CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA de Entre estrellas que iluminan

SEMANA DE ENTROIDO: LUNS CORREDOIRO, VISITA FELOS DE ESGOS, XOVES DE COMADRES E DESFILE

A semana do 13 ao 17 de febreiro estivo chea de actividades relacionadas co Entroido, Así o Luns celebramos o Domingo Corredoiro, coa participación de Infantil e o 1º Ciclo de primaria, o mércores visita dos Felos de Esgos polas distintas aulas (alumnado da ESO, oriúndo de Esgos, amosando os seus traxes de Entroido e recuperando tradicións) e o xoves as Comadres coa participación de todas as etapas no tempo de lecer, no que as rapazas trataron de esnaquizar as comadres que levaban os rapaces, algúns acadaron salvar a súa para mofa das rapazas, e o venres todos de Desfile ata a pista de atletismo da Universidade, que nola cederon para esta fin.

Este ano a temática do desfile estivo relacionada coa Liña Temática deste curso "Exploramos e coñecemos a nosa contorna".

Así o alumnado disfrazado (traxes elaborados no centro e coa colaboración das familias) de Castrexos por unha banda e Romanos por outra escenificaron o Pacto de Paz, recollido na Tésera conservada en Celanova, para unha boa convivencia no Castro de San Tomé que temos na contorna do Centro e sobre o que leva investigado o alumnado.

Luns Corredoiro, visita Felos Esgos e Comadres de Entre estrellas que iluminan

DESFILE ENTROIDO 2023 de Entre estrellas que iluminan

MANDADIÑOS DOS DRUÍDAS

E para a troula do Entroido continuar, aquí deixamos os mandadiños dos Druídas para a vindeira semana, e coa súa maxia gozar desta nosa festa popular.

MANDADIÑOS DA DRUÍDA de Entre estrellas que iluminan

E XA ARRANCOU O ENTROIDO E A TROULA!!!

Dende o martes 31 de xaneiro no Centro xa comezou a troula para ir preparando o Entroido, así comezaron os máis pequenos co Domingo Fareleiro que para nós transformouse no Luns Papeleiro; este luns, día 6, celebramos o Domingo Oleiro, transformado en Luns Peloteiro, e rematamos a semana co Xoves de Compadres coa correspondente carreira, no tempo de lecer, entre todas as etapas, para salvar ou estragar o Compadre segundo corresponda.

A continuación un pequeno resumo:

No CPI Plurilingüe José García García xa levamos unha semana de troula e entroido de Entre estrellas que iluminan

PROGRAMA ENTROIDO

Programa Entroido de Entre estrellas que iluminan

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ 2023

O pasado luns, día 30 de xaneiro de 2023, coma cada ano, celebramos no centro un acto no patio onde se reuniu toda a comunidade escolar para cantar e bailar a canción "Cantarela dos nenos" basada no poema de X. Neiras Vila, rematando coa lectura do correspondente manifesto.

A continuación un conto que resume este mes de actividades pola Paz:

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ 2023 de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut