Skip to Content


 

Celebracións no Centro

DOMINGO CORREDOIRO-LUNS CORREDOIRO

Este Luns o alumnado de E. Infantil e Primaria celebraron o Domingo-Luns Corredoiro, e aquí queda un resumo de como se divertiron e arrancou a semana grande do Entroido.

LUNS CORREDOIRO de Entre estrellas que iluminan

XOVES DE COMPADRES

Onte no centro, antes de ir ao comedor o alumnado do Centro celebrou o Xoves de Compadres, como marca a tradición as rapazas fixeron o Compadre e os rapaces correron para sacarllo e rompelo, máis as nosas rapazas son unhas mozas fortes e moitos Compadres se salvaron e quedaron expostos en cada aula para mofa, e agardando a revancha do próximo xoves, cando serán os rapaces os que farán a Comadre que terán que salvar.

A continuación coma sempre un resumo desta actividade.

XOVES DE COMPADRES de Entre estrellas que iluminan

MANDADIÑOS DO NOSO MECO-ESPANTALLO

Este curso en relación coa nosa liña temática, "Medra horta, medramos nós" o noso Meco é o Espantallo amigo, e a continuación deixa os mandadiño para a vindeira semana, lede moi ben que un detalliño deses persoeiros hai que traer:

MANDADIÑOS DO MECO-ESPANTALLO de Entre estrellas que iluminan

DOMINGO OLEIRO-LUNS PELOTEIRO

Este luns, día 14 de febreiro, no Centro o alumnado de infantil e Primaria tiveron o seu momento de celebración e diversión co Domingo Oleiro-Luns Peloteiro.

A continuacion momentos desta actividade, dentro das celebracións do tempo de Entroido.

 

LUNS OLEIRO-PELOTEIRO de Entre estrellas que iluminan

LUNS FARELEIRO-PAPELEIRO

Este luns o alumnado de Infantil e Primaria arrancaron o tempo de Entroido co seu primeiro domingo-luns de festa, o Domingo Fareleiro, para o noso alumnado Luns Peloteiro, como se pode ver no vídeo pasárono moi ben co lanzamento de pelotas de papel de xornal entre cursos no patio.

 

LUNS FARELEIRO-PELOTEIRO de Entre estrellas que iluminan

CELEBRACIÓNS FEBREIRO

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ 2022

O venres 28 de xaneiro celebramos no centro o día da Paz e non violencia, aínda que o alumnado xa estivo toda a semana preparando mensaxes que escribiron nas Pegadas pola Paz e o xoves pegaron nun percorrido dende cada aula ata a horta e remataba no mural colaborativo da entrada do centro; o alumnado de 4º da ESO co seu profesor de Plástica pintaron no patio unha Pomba xigante para este acto, ademais todos estiveron nas aulas a ensaiar a canción de Uxía e a Banda Molona, "De Festa" con baile e lingua de signos.

O venres comezou co alumnado de Infantil e Primaria realizando o percorrido polas pegadas con mensaxe ata a nosa horta, onde os agardaba un espantallo amigo cun pequeniño agasallo e mensaxe (recordando que así como medra a horta, medramos nós), volvendo ata outro compañeiro espantallo da entrada do centro, no mural colaborativo entre todas as etapas, ao que os paxariños con mensaxes en inglés e francés (feitos con papeis de refugallo:menos é máis) lle tapan a súa sombra e aínda agarda lle escriban Lema (nesta semana será seleccionado entre os que aparezan escritos no listado que esta a carón deste mural).

Ao remate, durante a hora da merenda escoitaron a 4ª emisión de Radio Mende, en conmemoración desta data.

Despois dun corto tempo de lecer o alumnado foise colocando no patio na Pomba da Paz, Infantil cubrindo o espazo do pico e a rama de oliveira, toda Primaria repartidos polo interior da Pomba e o alumnado da ESO arredor da silueta da Pomba rodeando a todo o alumnado de Infantil e Primaria. Así colocados bailaron, cantaron e acompañaron con lingua de signos, que a titora de 1º de E.Primaria se encargou de dirixir. GRAZAS E PARABÉNS!! 

A CONTINUAR LOITANDO POLA PAZ E BOA CONVIVENCIA

A continuación un vídeo resumo desta celebración:


PAZ 2022 continuación - Kizoa Movie Maker

PROGRAMA SEMANA DA PAZ

PREMER NA IMAXE PARA VER VÍDEO:

FESTA FIN DE ANO

O martes 21 de decembro rematouse o 1º trimestre, e o alumnado celebrouno, primeiro coa entrega dos seus desexos as tres Raíñas Magas, que nos visitaron nas primeiras sesións. Despois do recreo houbo celebración da Festa de Fin de Ano con campanadas e baile, con moita precaución e respectando grupos burbulla. A continuación unha mostra:


FESTA FIN DE ANO - Kizoa Movie Maker

CONCERTO DE NADAL CO GRUPO THE TETAS'VAN

O pasado luns día 20, ademais da visita do Apalpador o alumnado, e tamén o resto da Comunidade Educativa, pasouno xenial no concerto do grupo The Tetas'Van, a continuación unha mostra, ademais premendo na imaxe pódese obter máis información. Grazas, unha gran despedida de trimestre.

 


CONCERTO THE TETAS' VAN - Kizoa Movie Maker
Distribuir contido


by Dr. Radut