Skip to Content


 

Secretaría, horarios, calendarios

BENVIDOAS/OS AO 2º TRIMESTRE CURSO 2022-23

Mañá, luns día 9 de xaneiro comezamos o 2º trimestre deste curso 2022-23, agardamos a todas/os co horario habitual e as correspondentes actividade.

Almorzade ben, logo coa mochila ben organizada arrancade para o cole cun sorriso e moita enerxía, agárdanos unha nova aventura de aprendizaxes e experiencias.

 

ORDE DE PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO (DOG. 212 do 8/11/22)

ORDE DO 21 DE OUTUBRO DE 2022 POLA QUE SE DESENVOLVE O DECRETO 13/2022, DO 3 DE FEBREIRO, E SE REGULA O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO NOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS. (VER ADXUNTO).

 

Orde pola cal se regulan os criterios e procedementos de reserva, de admisión e de escolarización en Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.

VALES XUNTA PARA MATERIAL ESCOLAR

HORARIO XORNADA COMPLETA DE OUTUBRO A MAIO

INFORMACIÓN COMEZO CURSO 2022-2023

O vindeiro xoves, día de 08 de setembro de 2022, arranca un novo curso escolar, xa con total normalidade e con moita ilusión que co esforzo de todas e todas seremos quen de saír cara adiante. Para iso deixamos aquí unhas pequenas indicacións para dar resposta as múltiples dúbidas sobre como comezar e que traer:

Primeiro un montón de ilusión, ledicia e con máscara opcional

Logo, especialmente para alumnado de E. Infantil e Primaria, ademais da roupa axeitada a cada idade unha pequena mochila co básico (un estoxo e libreta), un paquete de panos e unha botella de auga e por suposto a merenda, mellor dentro dun recipiente duro para que no transporte non se  machuque.

- Ademais os titores de E. Infantil e 1º de E. Primaria convocan a unha reunión ás correspondentes familias para o vindeiro martes, día 6 de setembro ás 10:00 h.

- Por último, os mestres titores xa entregarán nestes primeiros días, horarios das distintas materias,  lista de materiais que precisen e todo o que sexa necesario para a súa titoría.

 

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DE COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR ESCOLAR. Curso 2022-2023.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2022-203, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección. Poden tamén solicitar a preinscrición por correo electrónico:

cpi.josegarcia.ourense@edu.xunta.gal

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2022, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2022.

Durante o curso escolar 2022-2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Esta comunicación está exposta no centro escolar desde o pasado mes de xuño.

RESOLUCIÓN DO 10 DE XUÑO DE 2022, DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE REGULA A XESTIÓN DE PROBAS DE NIVEL LINGÜÍSTICO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS DURANTE O CURSO 2022/2023

Información do Departamento de Lingua Inglesa e da Dirección sobre as probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

 

1.   

De acordo co establecido na Resolución do 10 de xuño de 2022 que regula a xestión das devanditas probas, o alumnado interesado na realización das mesmas poderá acreditar na lingua estranxeira os niveis B1, B2 ou C1 establecidos polo Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa, sendo o nivel B1 o máis  baixo ó que  se poden presentar e o cal se corresponde co nivel de 2º de Bacharelato.

2.   

O profesorado do Departamento de Lingua Inglesa orientará ó alumnado que desexe realizar as probas, aconsellándoos previamente sobre os niveis e a viabilidade da súa participación nas mesmas.

3.   

O profesorado do Departamento de Lingua Inglesa informará ó alumnado sobre as características do exame que realizarán, non obstante, a preparación do mesmo é responsabilidade de cada alumno ou alumna.

4.   

A Consellería de Educación ampliou o prazo de presentación de solicitudes ata o 23 de setembro de 2022.

CHEQUES FONDO DE LIBROS

As familias do alumnado que teñan concedida axuda para compra de mateiral escolar, poderán pasar polo Centro para recoller o correspondente Cheque de Material Escolar, dende o xoves 14 de xullo ata xoves 21 de xullo.

* Aquelas familias que non poidan pasar nestas datas, poderán facelo durante o mes de setembro

FONDO DE LIBROS

Xa está a súa disposición para consultar a Listaxe Provisional Fondo de Libros e Material no Centro.

LISTAXE DE LIBROS. Curso 2022-23

Distribuir contido


by Dr. Radut